MÁIS XOGO HEURÍSTICO NA AULA DOS BERBERECHOS
17 Mai 2012
Non é a primeira vez que @s berberechos compartimos con vós as nosas sesións de xogo heurístico, e unha vez máis queremos que vexades como gozamos ao mesmo tempo que aprendemos, pois o xogo heurístico é unha actividade de xogo, onde as nenas e nenos interactúan cos diferentes tipos de material. É unha continuación do cesto dos tesouros e comeza dende que as nenas e nenos comezan a desplazarse, ata os 36 mese( aproximadamente).
Na escola traballamos dende un enfoque constructivista, e o xogo heurístico está intimamente relacionado. A crianza é a protagonista da súa aprendizaxe( investiga, descubre, experimenta…), parte do que sabe cada nena/o, facilita o aprender de ela/el e das/os outras/os. Favorece a aprendizaxe por descubrimento, o coñecemento da realidade, a autoestima e respecta o ritmo e as necesidades de cada nena e cada neno.























