Arquivos de: Maio 18, 2012

AS ESTRELIÑAS EXPERIMENTAMOS COS ELEMENTOS

A auga está mollada! Non ten color!! Fai ruído ao palmexar sobre ela!! e as pelotas e os tapóns flotan mentres que os botes de cristal afunden!!!

Que sorprendente é o mundo que nos rodea!! Pero o mellor de todo e poder experimentar e descubrir todo isto en compañía d@s nos@s amiguiñ@s.

O UNIVERSO DOS CARACOIS

Ao longo do centro de interese  “Xogamos coa natureza” as ameixas aprendemos a convivir cuns pequenos animaliños moi tímidos e tranquilos como son os caracois. Despois de que as profes nos lesen moitos contos de caracois como “Caracol e Caracola” “Caracol e Vermiño”… observamos como comen repolo, como se agachan se lles tocamos os corniños, como cada un dos caracois e caracolas teñen a súa casiña con diferentes raiña…

Uff, cantas cousas aprendemos.