Arquivos de: Maio 19, 2012

SEMENTAR SEMENTAREI….

Pero que maiores somos as xoubiñas! Ata se nos da ben sementar!, aproveitando a primavera, e que estámos en temporada da sementeira as xoubiñas decidimos botar unhas sementes de leituga e tomates e día a día veremos como medran e se transforman en ricos froitos.

Os mexillóns coñecemos a nosa contorna natural a través das plantas aromáticas, estás plantiñas son moi apreciadas polas nosas mamás, avoas e papás para cociñar, xa que ademáis de dar un rico sabor tamén dan un lindo arrecendo á comida.

Nós pasamos unha agrabable xornada manipulandoas, ulindoas, e sentindo o seu tacto na cara e sobre todo no nariz, algún amiguiño ata lle saiu aun aaaa chiiissss!!!!