Arquivos de: Xuño 1, 2012

PAPEL DE RECICLAXE NA AULA DAS AMEIXAS

Ao longo de toda unha semana as ameixiñas aprendemos a ser un pouquiño mais responsables co medio ambiente, despois de coñecer aos caracois, de ver os paxáros polo telescopio e as formigas no microscopio decidimos facer papel de refugallo uns periódicos vellos e uns retais de papel celofán que había no almacén, para que non haxe que cortar tantas árbores.

Mirade que ben o pasamos neste laborioso traballo:

1º Cortamos os papeliños en trozos moi pequenos ( ou grandes) según @ nen@

2º Engadímoslle auga e o deixamos repousar 2 días.

3º  Batémos a pasta coa batedora da mamá de Tere e deixamos repousar 1 día máis.

4º  Escurrimos a pasta e a deixamos repousar outro día con outra auga limpa.

5º Recollemos a pasta cun trebello que fixeron as profes cuns pauciños e a colocamos enrida dunha tea.

6º engadimos flores e purpurina e deixamos secar todo o fin de semana.

O resultado final foi este fermoso e colorido papel de cor rosa.