PAPEL DE RECICLAXE NA AULA DAS AMEIXAS
01 Xun 2012
Ao longo de toda unha semana as ameixiñas aprendemos a ser un pouquiño mais responsables co medio ambiente, despois de coñecer aos caracois, de ver os paxáros polo telescopio e as formigas no microscopio decidimos facer papel de refugallo uns periódicos vellos e uns retais de papel celofán que había no almacén, para que non haxe que cortar tantas árbores.
Mirade que ben o pasamos neste laborioso traballo:
1º Cortamos os papeliños en trozos moi pequenos ( ou grandes) según @ nen@
2º Engadímoslle auga e o deixamos repousar 2 días.
3º Batémos a pasta coa batedora da mamá de Tere e deixamos repousar 1 día máis.
4º Escurrimos a pasta e a deixamos repousar outro día con outra auga limpa.
5º Recollemos a pasta cun trebello que fixeron as profes cuns pauciños e a colocamos enrida dunha tea.
6º engadimos flores e purpurina e deixamos secar todo o fin de semana.
O resultado final foi este fermoso e colorido papel de cor rosa.









































Deixar un comentario