Aquí nos tendes outra vez, as pequechas e pequechos da escola gozamos descubrindo novos instrumento de experimentación.
Que divertido foi esbarar e manipular a nata, mentres que descubrimos que detrás de tan doce producto se agochaban as nosas cariñas reflexadas nos espellos.
Ummm, alguhas de nos de maiores queremos ser futbolistas, outros perruqueiros ou arreglar grifos, como os nosos papás, pero estes días descubrimos que a maiorñia de nós o que queremos é ser cociñeiros, coma a nosa Geni, e como os nosos papás e mamás.
Que divertido é isto de “cacharreas” cos perolos da cociña, remexer cos cullerons de madeira….
Pero que ben o pasamos os berberechos na nosa aula!!!!
Os mexillóns medraremos grandes e fortes se seguimos facendo estas camidiñas tan saudables e ricas.
Para nós foi moi divertido lavar a leituga e os tomates, engadilos a ensalada, regar con aceite vinagre e unha pinguiña de sal… Ummm que grandes cociñeiros estamos feitos!!!!
Aos Caramuxos encantanos o zume!!! e nada mellor que facelo nós mesmos, experimentar coas nosas posibilidades e averiguar cantas cousiñas podemos facer por nós mesmos. A verdade é que as profes deixannos facer moitas cousas divertidas igualiño que como se fósemos maiores-
Que divertido é isto de aprender e facerse maiores!!!
A primeira actividade que fixemos as ameixas neste centro de interese que foi ” comer comer” coincidiu coa derradeira que fixemos coa profe Iratxe, por iso as ameixiñas gardamos tan doce recordo desta mousse de fresas a que nos convidou a profe.