Arquivos de: Xuño 17, 2012

EXPERIENCIAS CON CHOCOLATE BLANCO

Ao longo dunha semana na aula das ameixas realizamos diversas experiencias con chocolate Blanco, con leite e negro. Comemos unhas cantas onzas, derretémolo, comemolo con culleres., incluso pintamos con chocolate ( inda que por motivos técnicos non temos as fotos).

Mirade que ben o pasamos!

CAMIÑO DE SENSACIÓNS (II)

As ameixas fixemos un novo camiño de sensacións; nesta ocasión empregamos alimentos como espaguetis, lentellas, fariña, pan relado e arroz.

Inda que houbo algunha amiguiña a que non lle gustou moito a actividade Manuel e Mariela gozaron moito desta divertida experinecia.

As verbas non fan falla, soamente con ver como gozan e experimentan as nosas crianzas se entende o porque desta actividade.

p5091930

BOCADIÑOS DE CREMA DE CACAO

As ameixas traballamos a reo durante este centro de interese, como xa sabedes algúns días somos moi pouquiños, pero inda así pasámolo xenial; mirade que merendola a base de bocadiños fixemos Matías, Martina e Malusa, nunha fresquiña tarde.