A verdade é que este centro de interese dou moito de sí na aula das estreliñas, canto traballamos e nós divertimos, xogamos, manipulamos, comemos…
Como podedes ver na nosa aula, con material cotidiano e moita imaxinación pasamos unhas xornadas divertidisimas!!!
O grupo dos mexillóns tamén gozamos da experiencia de manipular e experimentar coa xelatina. Nós como somos un pouco pequerrechiñ@s fixemos a experiencia sobre a mesa, cos propios recipientes onde tíñamos a xelatina porque os mexillonciños máis pequenos podíamos esbarar e lastimarnos, e para rematar degustamos un pouquiño de xelatina que as profes nos fixeron a maiores da que manipulamos.
Prezadas familias, recordade que o vindeiro luns 25 a escola permanecerá pechada por ser festivo local.
Feliz noite de San Xoan a tod@s!!!