SIMULACRO DE INCENDIO NA ESCOLA!!!
29 Xun 2012
O equipo educativo queremos compartir con vós o que foi a implementación do plan de emerxencias na nosa escola.
Xa fai un par de meses que o equipo participou nunha serie de charlas e cursos sobre prevención de riscos laborais, en especial no tocante a como actuar fronte unha situación de risco como pode ser un incendio.
A fase final deste curso foi un simulacro de incencio na cociña da escola.
Despois de que saltasen as alarmas unha persoa de cada equipo educativo achegouse ata o cadro de mandos para averiguar onde estaba o incendio, e logo con moita cautela todas se achegaron ata a cociña. A nosa valente dire achegouse ata a cociña para tentar sofocar o incendio; mentras que as demais educadoras encargabanse de evacuar a escola. Todo valía, o tren, o colo das educadoras, as cunas…
Unha vez todas as aulas chegaron ao punto de encontro fixose o pertinente reconto de crianzas, e para finalizar, cando o “incendio” foi sofocado, voltamos as aulas.




































Deixar un comentario