A FESTA DE SAMAÍN NA AULA DAS AMEIXAS
09 Nov 2011
09 Nov 2011
30 Ago 2009
O VENRES QUIXEMOS DESPEDIR O CURSO CON TODAS AS CRIANZAS E FIXÉMOLO POR TODO O GRANDE.
DURANTE A MAÑÁ FIXEMOS OBRADOIROS NA ESCOLA: OBRADOIRO DE CAMISETAS, OBRADOIRO DE AUGA E OBRADOIRO DE MAQUILLAXE. TANTO NENOS/AS COMO EDUCADORAS GOZAMOS A TOPE DA EXPERIENCIA.
AS 12 DA MAÑÁ CITAMOS ÁS FAMILIAS PARA A ENTREGA DOS TRABALLOS QUE FIXERON OS/AS PÍCAROS/AS AO LONGO DO CURSO E TAMÉN LLES FIXEMOS ENTREGA DAS SÚAS ORLAS.
POLA TARDE A PARTIR DAS CINCO TIÑAMOS ORGANIZADA UNHA XUNTANZA NO MERENDEIRO DO CASTRO CON TODAS AS FAMILIAS PARA DESPEDIR O CURSO E PARA REALIZAR XOGOS POPULARES E PASAR UN BO RATO. TEMOS QUE DARLLE AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA ASISTENCIA E IMPLICACIÓN. SODES OS MELLORES!!!!
28 Ago 2009
28 Ago 2009
Xa remata o curos e os maiores do cole xa nos van deixando para ir ao “cole de Maiores”, por iso dende aqui queremos mostrarvos o Maiores que son, como eles soiños pasan listaxe e se saudan todos os días…
Despois de pasar listaxe os Chibos Chibóns cantan a canción dos saudos, é unha canción da aula que lles encanta pois os seus xestos, e a expresividade e moi importante para eles.
26 Ago 2009
Aos maiores do cole encántanos o verán e os peixiños, por iso decidimos facer uns fermosos peixiños de plastilina que levamos para as nosas casas.
Como nos gustaron tanto os peixiños de plastilina decidimos facer un mural do fondo do mar con peixes de cor amarela, vermella, blanca…
Que gran obra de arte nos quedou!!!
26 Ago 2009
Coa chegada do verán realizamos diversas degustacións de froitas típicas da estación.
Na Aula de Chibos Chibóns a “profe” Nerea ensinounos diferentes froitas; pexego, cirolas, pera, cireixas…
Logo nos achegamos a mesa a probar os ricos manxares.
A verdade é que a froita estaba ríquísima.
En Coelliño Branco tamén degustamos froitos típicos do verán. E gozamos comendo e refrescándonos coa pera e o melocotón.
Os Chibos Chibos da Tarde tamén realizamos unha cata dos produtos típicos do verán, pero logo cun pouquiño iogur e leite fixemos un Batido de Froitas de Verán.
Que rico e doce estaba!!!
25 Ago 2009
Un dos Centros de Interese que máis xogo nos deu durante este curso foi “Os medios de Transporte”. Aos nosos nenos e nenas lles encantas os coches, as gruas, os camións… Por iso decidimos traballar este centro.
Os mais pequechiños e pequechiñas do cole estivemos “viaxando” polo centro, viaxamos polas outras aulas en moto, en camión, en coche…
Que ben o pasamos!!!
Logo de tanto viaxar puxémonos a traballar; pintamos un tren, manipulamos fotos de diferentes medios de transportes…
UFFF!!! Como traballamos!
Os Chibos Chibóns tamén construimos os nosos medios de transportes; primeiro fixemos un fermoso barco para ir á illa de Tambo (que está na ría de Pontevedra, xustiño fronte a nosa escola)
Pegamos pauciños, os pintamos de cor marrín, pintamos a vela do barco con ceras de cores… Quedounos un barco chulísimo!!
Despois de rematar o noso barquiño de Vela, pintamos a illa de tambo en cartolina e tamén manipulamos fotografías da Illa e dos diferentes barcos que navegan pola nosa ría.
Para rematar cos barcos e a Illa de Tambo, Uxía leunos un conto moi fermoso “O Libro daIlla da Tambo” que fala de 3nenos que visitan a Illa.
Outra actividade que desenrolamos foi a de confecionar o panel da seguridade víal donde pegamos fotos dos diferentes medios de transporte e donde nós tivemos que unir a cada foto outra cos medios de seguridade víal. (Así se imos en coche temos que poñer a silliña e o cinto, se imos en bibi temos que poñer o casco, se imos en autobus temos que poñer o cinto de seguridade…)
Aprendimos moitas cousas
Porr último fixemos un fermoso “Tren de Uxío”
En Coelliño manipulamos e xogamos cos diferentes medios de transportes que trouxemos da casa.
24 Ago 2009
Xa alá polo mes de Marzo estivemos decorando as aulas cun toque primaveral.
Na aula dos Chibos Chibóns fixemos unhas florciñas moi lindas con caixas de ovos e pintura de dedos; primeiro pintamos os cartóns con pintura de dedos laranxa, logo as “profes “fixeron un buraquiño polo que metemos unhas palliñas e por último con plastilina fixemos os estamberes das flores.
Mirade que chulo nos quedou o noso xardín flotante!!!
Tamén fixemos flores con boliñas de papel celofán e así traballamos a motricidade fina de paso que decoramos a aula, a verdade é que gozamos moito destas actividades.
Na aula de Tres Porquiños decoramos as ventás e paredes cunhas bolboretas de cores que decoramos con gomets.
Que bonitiña deixamos a clase!!
20 Ago 2009
Como ben sabedes moitos de vós ao longo do curso estivemos traballando diferentes Centros de Interese, e aproveitando que preto do noso centro soen montar un circo ao que acuden moitos dos nosos meniños e meniñas creimos interesante traballar os diferentes animais e profesións que rodean o mundo Circense.
Os Chibos Chibóns despois de ler un conto sobre o circo e xogar co noso paiasiño de trapo decidimos facer uns disfraces dos animais do circo.
Primeiro pintamos as melenas dos Leóns, sobre cartolina amarela esparcimos pintura de dedos marrón.
Logo en cartolina azul pintamos uns lunarciños rosas para facer a trompa e as orellas do noso Elefante
Tamén fixemos os lunares azuis sobre cartolina rosa, para facer unha elefantiña.
O seguinte que fixemos foi facer a bariña do Mago, que é un señor que viste cun gorro moi chulo do que saca coelliños e ten unha bariña máxica.
Mirade que Maga máis fermosa temos na nosa aula!!1
Este foi o resultado final do Circo dos Chibos Chibóns.
Os Chibos de Tarde estivemos coñecendo os diferentes animais do circo, para iso os metemos na Caixa Máxica e iamos sacando un por un, e nomeándoos, dicindo a súa cor, que ruidiño fan….
Mirade aos nenos e nenas de Coelliño Branco facendo os seus disfraces e unha gran representación circense; con elefantes, paiasos, cabaliños…
Por último tivemos unha grata sorpresa no cole…
Visitounos un Cabaliño que traballa no circo!!!!
Que ben o pasamos…
Non hai palabras só mirar as nosas cariñas.
A verdade é que gozamos moitísimo co noso amiguiño o Cabalo, foi moi divertido e aprendemos moito de todos os animais que traballan no circo.
Esperamos que o Cabaliño volte pronto a visitarnos!!!
20 Ago 2009
Onte estivemos de celebración na aula dos Chibos Chibóns, A nosa compañeira Uxía Saavedra quiso festexar connosco o nacemento da súa nova irmaciña Xiana.
Mirade que gran festín nos pegamos cos “gusanitos” que nos trouxeron.
Moitas grazas e felicidades tamén aos felices papás Rubén e a Raquel.