Arquivado en: Curso 2009-2010

Os mexillóns tamén fixemos a  nosa obra mestra para a exposición artística do corredor, nos ao igual que os nosos amiguiños e amiguiñas da aula das estreliñas escollemos un cuadro dun tal Joan Miró, un señor que pintaba cadros e facía esculturas. O que máis nos gusta deste pintor é que empregou sempre cores moi sinxelas, como o amarelo, o vermello, o verde e o azul, xunto co negro.

@s mexillóns descubrimos que mezclando a cor azul coa amarela acadamos un verde precioso co que fixemos a base da nosa pintura, logo pintamos con pintura de dedos vermella un papel de lixa, e para rematar manipulamos e pegamos plumas no noso cadro.

O resultado de tanto traballo foi esta orixinal representación deste cadro do pintor catalán.

As berberechos aproveitamos calquer centro de interese para xogar é divertirnos, pero os animais e un tema co que os nen@s disfrutamos moitisimo, e aprendemos a xogar en grupo e a compartir os xoguetes, xa que as veces nos custa un pouquiño, pero día a día segundo nos imos facendo maiores aaprendemos as normas e pautas de xogo cooperativo.

É que somos uns campións e campionas!!

VISITANOS UN CANTEIRO

Uns dos empregos que coñecemos as ameixiñas de primeira man foi o de canteiro; para iso nada mellor que coñecer a un auténtico canteiro, que  nos trouxo a escola algunha que outra escultura, e pedra  para que nós mesmos a picásemos.

Mirade que grandes profesionais da pedra estamos feitos, manipulando as ferramentas e esculpindo a pedra.

Pois como veredes non todo é traballar e aprender, os mexillóns gozamos de aproveitar cada momento para divertirnos, ben sexa no momento do comedor, cando realizamos xogo libre, e cando xogamos en grupo. Pero co que gozamos moitísimo é co momento do patio; subimos, baixamos, corremos, axudámonos…

Pero o mellor será que o vexades vós mesmo!!

O obradoiro de luz foi todo un éxito na aula das ameixas; así que realizamos varias sesións ao longo deste centro de interese; como podedes apreciar foi moi divertido xogar coas luz de cores, coa luz branca, incluso coa ausencia de luz.

O que máis nos gustou foi acender e apagar as lanternas e mirarnos uns aos outros co reflexo das luces de cores.

Esperamos repetir pronto!!!

As nosas profesoras agasalláronnos cunha masaxe relaxante, pois somos uns campións e campionas e traballamos a reo ao longo deste centro de interese que é “Teño duas orellas”. Esta foi uhnha experiencia onde as crianzas realizaron unha pequena toma de contacto co seu corpo.

As educadoras queremos compartir con vós este momento e os seus beneficios para os bebés, por iso aproveitamos para indicarvos como o podedes poñer en práctica nas vosas casas coas vosas estreliñas:

1. Preparación da masaxe en bebés
Para facer unha boas masaxe ao bebé e que o momento sexa totalmente relaxante para ambos deberedes crear un ambiente agradable no que os dous vos sintades cómodos.Podedes facelo no cambiador ou na cama, colocando baixo o neno unha toalla suave. Isto permitirá deitalo comodamente, evitaredes que o neno se escorrege e tamén envolvelo nela ao final da masaxe, para que non o colla o frío.
Tamén podedes sentar contra a parede, de costas, e colocar ao bebé sobre as vosas pernas cruzadas.
Se dades a masaxe co neno espido, precisaredes de outra toalla na cintura do neno. É normal que o bebé de baleirar a vexiga durante a masaxe.
Obviamente, tedes que escoller un lugar tranquilo e illado, onde vos sintades cómodos e ninguén vos interrompa. Incluir unha música suave, música para bebés ou aquela vos guste tanto vos como ao bebé. A música axudaravos e relaxarvos.
A temperatura do cuarto debe ser quente, porque os bebés necesitan unha temperatura algo máis elevada que nós, adultos.
E, por suposto, relaxarse. O neno vai notar moito a enerxía e sentimentos que lle trasmitades, e é importante que os dous gozades dese momento.

2. Técnica de masaxe
Por suposto, a masaxe debe ser moi suave, case acariciar, tocando suavemente a superficie da pel ou movendo suavemente os músculos.

En pequenas áreas do corpo, como poden ser a parte anterior do pescozo ou cabeza utilizade só as puntas dos dedos. En grandes áreas, como as costas ou no estómago usade a parte  grande das mans, dedos ou palma da man.

3. As masaxes paso a paso 
Tumbade o bebé boca arriba, cos pés preto de vós. Poñede o aceite ou crema nas vosas mans para quentalas e para que a masaxe sexa suave. 
Comezade cunha masaxe suave no ombreiro, coa punta dos dedos acariciando arriba e abaixo e baixade acariciandoo ata a zona inferior do abdome.
Dádelle unha boa masaxe nos brazos, dos ombreiros ata os pulsos. Para isto formade un anel co polgar eo índice en torno a braciño do bebé. Tede moito coidado cando cheguedes ao cóbado, porque é unha rexión moi sensible.
Parade no pulso e prácticade movementos de torsión. Recordade, sempre con suavidade.
Así como estades, cos seus pulsos collidos, cruzade unha tras outra e despois xuntaas. Este movemento xeralmente gustalle moito ao bebé … non dubides en repetilo-la.
Coas nosas mans formando un anel en torno do brazo, como dixemos anteriormente, efectuade  movementos moi suaves e delicados realizando movementos rotatorios como se atornillásemos.

Agora centrarémonos nas pernas e os pes.

Collede a súa man esquerda e xúntadea co pé dereito. Este xesto é chamado de crossover e é un exercicio de coordinación.
Agora collede os seus dous pés e cruzadeos… primeiro por diante e despois por detrás. Repetide este movemento varias veces, alternando.


O seguinte paso será masaxearlle os pés.

A masaxe na planta dos pés é sumamente relaxante. Aquí podemos realizar varios movementos: podedes comezar presionando as dedas, a continuación recorrede a planta do pé e voltade as dedas de novo. Co polgar preme lixeiramente a sola do pé. Acariacia suavemente cada deda. A masaxe nos pés tamén axuda a aliviar a dor de estómago, os cólicos.

 Pasamos agora a Masaxear o estómago do noso bebé.

Comezamos acariciándolle a barriga movendo as mans iniciaremos unha masaxe en forma de círculo no sentido do reloxo e sempre comezando por debaixo das costelas.
Agora colocade o bebé boca a abaixo … imos comezar con longos movementos e lentos que van dende a cabeza, pescozo, costas, pernas para arriba, para abaixo e sempre nunha dirección.
Agora masaxeade suavemente os ombros e costas coas puntas dos dedos, movéndose en pequenos círculos.
Non debedes masaxear a columna vertebral do bebé, podedes poñer as vosas mans e deixar ao bebé sentir a calor.
Para rematar a masaxe realizade movementos lentos e suaves, baixando dende a cabeza e as costas ata as dedas dos pés, xentilmente e amorosamente.

Desexamos que gocedes tanto da experiencia coma nós!!!

CHEGAN OS REIS MAGOS

Prezadas familias:

Mañán, día 5 de xaneiro, arredor das 10 , os Reis Magos visitan a nosa escola cargadiños de alegría e bicos para as/os nosas/os nenos/as.

Lembrade que mañán a escola pecha as 15:00 horas ( artigo 25, punto5 do RRI).Procurade ser puntuais á hora da recollida.

As ameixas, ao igual que os nosos compañeiros os mexillóns, fixemos un circuíto motor empregando como tema central as follas do outono.

A verdade é que o pasamos moi ben, correndo por toda a aula, andando a gatiñas… Foi moi divertido e gozamos moito correndo e saltando por toda a aula; unha experiencia fabulosa.

(Dende a aula das ameixas as profes pedimos desculpas pola calidade das fotos, pero é que as nosas ameixiñas pasárono tan ben que era difícil pillal@s quiet@s, ata cando se calzaban non paraban de moverse, e queremos compartir con tod@s vós esta actividade coa que o pasaron tan ben , ainda que as fotos non son as mellores do mundo)

Aquí estamos as Zamburiñas outra vez para amosarvos a segunda parte so obradoiro con papeis de xornais.

Nesta ocasión queremos compartir con vós unhas poucas fotos que tiramos mentres xogamos e experimetamos con xornais de refugallo.

Para tod@s foir unha experiencia moi gratificante e divertida, onde nos divertimos moitisimo, pero o mellor e que o comprovedes por vós mesmos.

As aulas de 2-3 anos despediron o Samaín por todo o grande; con música, globos, doces…

Mirade quenes foron os invitados especiais!!!!… Bruxas, demos, trasnos e curuxas!!!

Que Medo!!!!

Aquí tendes os demos, esqueletes, bruxas e

morcegos da aula Xoubiña.