Arquivado en: Curso 2009-2010

Un dos días grandes desta semana foi o pasado venres 29, cando festexamos o noso concurso de Calacús, onde cada familia traía o seu calacú tallado e engalanado da casa.

Mirade que autenticas obras de arte fixeron @s nos@s nen@s coas súas familias; colaboraron todos, mamá, papá, os avós, os irmáns e ata algún curmán fixo unha pequena achega a esta mostra de calacús.

Pero primeiro queremos ensinarvos a ambientación da nosa escola para estes días.

Agora imos mostrarvos os calacús que fixemos nas aulas e na cociña.

E agora toca o turno de ver as cabazas e calacús máis agardados…

Os das familias!!!

E aquí tendes as gañadoras!!!

A máis elaborada    A máis simpática   A Tradicional  e   A máis Terrorífica

Estaredes de acordo con nós cando vos dicimos que temos unhas familias moi colaboradoras e imaxinativas?

Grazas a todos e todas por colaborar e ter tan bo

sentido do humor!!!

Menús novembro

Na aula das Ameixas decidimos enfrontarnos ao período de adaptacíón do mellor modo posible, así que armámonos coas nosas tendas de campaña e o noso túnel e… A xogar!!

Tamén gozamos do bo tempo e correteamos polo patio coas motos e os coches. Os mais pequeniños tomaron o fresco nas súas amaquiñas.

Na aula descansamos, xogamos, e facemos nov@s amig@s.

E así foi o período de adaptación das ameixas.

I.E.S. DE CHAPELA (I)

Este ano contamos coa inestimable colaboración do I.E.S. de Chapela, ao igual que como xa ben sendo habitual tamén contamos coa colaboración do I.E.S. A Xunqueira I.

Pois como xa sabedes a maioria de vós a principios de ano contamos coa colaboración de Alicia, Noemí e Silvia, quenes realizaron as suas prácticas como educadoras infantiles no noso centro. Nin que decir que foron unhas compañeiras marabillosas a quenes nós e os nosos nenos e nenas botamos moito de menos.

Ademáis tamén contamos coa colaboración dos alumnos e alumnas do I.E.S. de Chapela quenes nós deixaron xoguetes de construción propia.

Pois ben; aquí vai unha pequena homenaxe a todo ese traballo realizado pol@s alumn@s do I.E.S. de Chapela.

@s maiores xogaron e divertironse con este curioso veleiro feito con tapóns de corcho de boteias, xogando aprenderon moitos conceptos espaciais e cualidades dos obxetos como a flotabilidade, o volume, o tamaño…

Queremos compartir con vós a derradeira actividade que puxemos en marcha as crianzas de Mosteiro e Combarro. Nada mellor que realizar unha experiencia  con auga de cores, pero esta auga de colores é moi epecial porque a coloreamos nós mesmos con papel charol.

Pintamos a auga, trasbasamos o seu contido, xogamos cos amigos e as amigas…

Mirade que divertido!!

Con estas fotos as crianzas de Mosteiro e Combarro despedímonos do noso paso pola Escola Infantil de Poio.

EXPERIENCIA DE PAPEL EN MOSTEIRO

As nenas e nenos da aula Mosteiro, ao igual que todos os nosos compañeiros e compañeiras da escola, realizamos a experiencia de papel, aquí tendes a última sesión que desenrolamos.

Como podedes observar unha das cousas que máis nos chamou a atención foi o papel que había no chan, xa que os nosos pes quedaban pegados a el, e a sensación era moi rara.

Outro recanto que nos gustou moito foi o de papeis de cores, posto que a través del se vía o mundo de outra cor.

Para rematar gozamos cunha batalla de papeis en birutiñas, igualiño que os confetís das festas.

Pero nada mellor que o vexades por vós mesmos e mesmas.

@s de Lourido estivemos experimentando e xogando con botellas grandes, pequenas e medianas, cheas de auga, mediadas ou case baleiras.

Foi moi entretido xogar coas botellas, descubrir que as botellas grandes son máis difíciles de agarrar que as pequeniñas, pero unha gran botella case baleira e máis sinxela de soster na man que unha pequeniña chea de auga…

Uff!!! Cantas cousas apredemos xogando!!!

Mirade cantas cousiñas fixemos e aprendemos soamente cunha esponxiña e moitas ganas de experimentar!! 

Na aula de Lourido experimentamos cunhas pequenas esponxas azuis; observamos como absorben a auga, apretámolas para que soltasen a auga, limpamos os mobles con elas… ata houbo algún que outro valente que se atreveu a ”catar” o sabor da auga.

Estes días moitas son as nosas compañeiras e compañeiros que nos están deixando para comezar unha nova andaína no cole de maiores, Aarón, Alex, Jorge, Manuel, Soda, Sara, Zaira… e para despedirnos fixemos unha gran festa de auga nas aulas de Combarro e Mosteiro.

Para iso nada mellor que sacar as piscinas ao patio, enbadurnarnos de protector solar, sacar as gorras e os bañadores… e …. A GOZAR!!!!!

ANIVERSARIO ANDREA

O derradeiro aniversario que festexamos na aula Muíños foi o da nosa amiguiña Andrea. Como nestas datas temos a moit@s compañeir@s de vacacións invitamos a festa as crianzas da aula Castrove.

Un venres máis fixemos a coroa da nosa amiguíña, para coroala como Raíña da aula.

Logo Andrea soprou a súa candea de aniversario.

 

A Andrea gustoulle moitísimo o noso agasallo e posou a sí de feliz con el.

Para rematar tiramos unha fotografía como recordo do aniversario da nosa amiguiña.