Arquivado en: Curso 2011/2012

“OS BICHIÑOS VAN Ó MUSEO”

Con motivo do centro de interese ” Os bichiños van ó museo”, convidamos ás familias a un taller na escola. Cada aula fixo un collage libre con material de refugallo. Esta é unha pequena mostra das obras de arte que crearon as nosas familias. Dende aquí queremos agradecer a colaboración e participación de todas as familias.

¡¡¡ moitísimas grazas!!!

AVISO ÁS FAMILIAS

Mañán, martes día 12 de febreiro, a escola pecha ás 15:00 horas.

O mércores día 13 é festivo local en Poio, polo tanto a escola permanecerá pechada.

O INVERNO NA AULA DAS LÍBELULAS

As libélulas gozamos das posibilidades que nos ofreceu o inverno… Comezamos por probar diferentes prendas de abrigo, logo adormanos o panel de pasar lista con folerpas de neve, o seguinte que fixemos foi un mural coas cores do invernos, tamén degustamos froitas da estación, realizamos experiencias como a da luz e as sombras… e moitas cousiñas que xa vos iremos contando.

Que ben o pasamos no grupo da tarde!

Os Reis Magos despois dunha longa viaxe, quixeron facer unha parada na escola infantil da galiña azul de Poio, para agasallar as crianzas o seu bo facer durante todo o ano pasado. Dende a escola, queremos agradecer a Melchor ,Gaspar e Baltasar a súa colaboración nesta data tan máxica para todas as crianzas.

¡MIRADE AQUI ESTAN ACABADIÑOS DE CHEGAR!!!

Non a todas as crianzas lles fixo a mesma ilusión achegarse as nosas maxestades os reis magos, pero dende logo que foi para tod@s un momento moi especial.

Agora veremos algúns dos momentos dos Reis Magos coas crianzas por aulas , mirade!, mirade!

SEMANA BRANCA

Co motivo da entrada do inverno os vagalumes adicamos esta semana a cor caracteristica desta estacion: a cor branca.

Fixemos un monton de actividades: pintamos, experimentamos co papel, xogamos coas bolas de polispan, e finalizamos cunha gran festa!! Ah, olvidabame! O mellor da semana foi a visita de Papa Noel a nosa escola!! ainda que algúns choramos ao velo.

Foi unha semana moi divertida!! Votade un vistazo e xa veredes!!

¡BENVIDOS!

Dende a aula dos caracois querémoslle dar a nosa benvida aos nosos novos compañeiros Daniel e David, neste momento están pasando polo seu período de adaptación e esperamos que pronto estén cómodos con nós e comecen a gozar dos diferentes momentos do día na nosa aula.

¡BENVIDOS A AULA DOS CARACOIS!!!

¡PARABÉNS IRIA E ALBA!!!

Na aula dos grilos seguimos de festexos, agora tocoulle as nosas compañeiriñas  Iria e Alba que tamén festexaron o seu primeiro aniversario, vaia festa con tanto pastel para comer, ¡nos puxemos as botas!

¡PARABÉNS AMIGUIÑAS!!!

¡PARABÉNS OMAR!!!

Na aula dos grilos o noso amiguiño Omar festexou o seu primeiro aniversario, pasámolo tod@s moi ben acompañando a Omar nesta data tan especial.

¡Moitos parabéns Omar!!!

As Libelulas aproveitamos a chegada do outono para coñecer as tradicións da nosa comarca e os nosos maiores, como debullar o millo para darlle de comer as galiñas e pisar as uvas para facer o viño.

Pero que ben o pasamos na nosa aula!!!

ANIVERSARIO DE PABLO

Que ben o pasamos as Formigas no aniversario do noso amiguiño Pablo!!

Despois de facer a súa coroa de Rei das Formigas, comemos a torta de chocolate que trouxo o noso compañeiro, bebemos un zume moi saboroso… Uff, que gran festa fixemos con motivo do aniversario de Pabliño! Como remate da festa tocou xogos e baile.

Parabéns Pabliño!!!