Xa chegou o bo tempo!!! e con él as gañas de experimentar e coñecer o noso contorno natural.
Nunha primeira toma de contacto, as estreliñas, observamos e regamos unhas plantiñas que temos no noso patio exterior.
Pero que grandes amigos da natureza estamos feitas/os!!
Aquí estamos as xoubiñas para festexar o primeiro de Maio, co nosos Maio Pillabán de Poio.
Manipulamos, ensartamos, xogamos, ulimos… as margaridas amarelas, tamén fixemos colares e o mais importante de todo gozamos e divertímonos ao mesmo tempo que aprendemos!!!
Pero que ben o pasamos os maiores da escola!!!

As crianzas da aula de tarde tamén participamos da elaboración do Maio da escola.
Ao largo da semana da festa dos Maios, manipulamos os diferentes elementos da construcción; o fiuncho, as margaridas, as laranxas… pero o mellor de todo foi baleirar os ovos cunhas palliñas e pintarlos despois con pinceis e purpurina de cores.
Que ben o pasamos!!!
E aquí estamos algunhas ameixiñas nas nosas fotos de familia coas profes.


Pero que ben o pasamos as xoubiñas no aniversario do noso amiguiño Oliver, despois de soprar a súa candela co numero 3, tod@s xunt@s cantamos o parabéns e comemos da rica torta e do zume co que nos agasallou Oliver.
Felicidades no teu día amiguiño!!

Aquí estamos as xoubiñas festexando o aniversario da nosa amiguiña Laura, tod@s xunt@s lle cantamos o Parabéns, e comemos unha rica torta acompañada de zume.
Gracias pola festa Laura!!!

@s zamburiñas manipulamos e ensartamos os pampullos de margaridas que fomos recoller ao campo coas nosas familias, para a maioría de nós foi toda unha aventura sair as veigas a recoller as flores, sobre todo @s que fumos coas nosas avoas e avós, quenes nos contaron que xa de pequen@s ían a recoller os pampullos, o fiuncho e as espadainas para facer os seus maios cando eran ben cativos.
Mirade que ben o pasamos durante a confección do noso “Maio Pillabán”
…e aquí estamos nós posando ben fachendosas e fachendosos co noso “Maiño fermoso cheiño de frores”!!!


Un ano máis aquí estamos as rapazas e rapaces de Poio co noso “Maio Pillabán“; para a maioría de nós é o noso primeiro contacto con esta tradición tan arraigada no noso concello.
Contáronnos as profes que con este “arboliño” que se chama Maio festexase a chegada da primavera, das flores, das colleitas… pero para @s caramuxos o máis divertido foi manipular o fiuncho e axudar ao seu ensarte para facer as “saias” do Maio.
Que rico arrecendo teñen as flores recen recollidas, e que dicir do arume do fiuncho?
Que divertido!!
Pero o mellor de todo foi bailarlle e cantarlle ao noso Maiño Pillabán e fermoso!!

E para rematar a consavida foto de familia!!!

Aquí estamos @s mexillóns facendo unha fermosa foto de familia co nosos Maio Pillabán. A qué estamos lindos?
Como ben sabido é por todos, na nosa comarca e nos arredores está moi arraigada a tradición de cantar aos Maios, e ainda que as estreliñas somos moi pequenas e pequenos para memorizar e entoar unha copla si que podemos manipular e ulir os pampullos, o fiuncho, as laranxas…
Que fermosos quedou o noso “Maio Pillabán de Poio”!!!

@s estreliñas vimos de facer unha fermosa escultura coas nosas manciñas, e un pouquiño de axuda das profes; para nós é marabilloso experimentar día a día con todos os elementos que nos poñen ao alcance, ao mesmo tempo que imos collendo maior soltura e autonomía.
Mirade que ben o fixemos as mais pequerrechas e pequerrechos da escola.



