Que vós imos dicir a estas alturas que non sepades xa! As ameixas, ao igual que as outras aulas da escola, fixemos un fermoso cadro para a exposición do corredor. No noso caso decidimos facer unha reproducción ao “estilo ameixas” dun óleo sobre panel feito en 1889 polo pintor francés Georges Pierre Seurat. O cadro titulase ” A Torre Eiffel” e para a súa elaboración emprogouse unha técnica creada por Seurat, o puntillismo, que ata esa data ninguén utilizara.
Polo que nos contaron as profes Tere e Iratxe, o cadro orixinal e moi pequeniño e mostra a Torre Eiffel durante a súa construcción para a exposición universal de 1889.
Como podedes observar a nosa técnica de puntillismo cos dedos e os rotuladores grosos tiveron moi bo resultado.
E velaquí a nosa particular e única “Torre Eiffel das ameixas”.

@s zamburiñas somos @s maiores da escola, por iso, despois de falar na asemblea de aula, escollemos un fermoso cadro dun cabaliño azul para facer por nós mesmos; despois as profes nos contaron que este cadro chamase ” O cabaliño azul” e o fixo un pintor alemán chamado Franz Marc alá polo 1911.
Sabíades que Franz era moi amigo doutro pintor que nos gusta moito que se chama Vasili Kandinsky, e aos dous lles gustaba moito as pinturas impresionista; nós non entendemos moito, pero este cabaliño azul si que impresiona coas suas cores vivas, o cabaliño fermoso… Pero o mellor e que o vexades por vós mesmos.




@s xoubiñas como xa somos muy maiores fixemos un cadro un pouquiño complexo, pero como veredes foi moi sinxelo e divertido; fixemos un cadro que se chama “O grito” e o seu autor foi un pintor noruego moi famoso chamado Edvard Munch. O tíyulo orixinal desta obre é “Skrik” e foi rematado aló polo 1893 Xa fai máis de 100 anos!!!
Sabíades que Munch realizou catro versions de “O grito”?
O orixinal con unha técnica mixta de óleo e pastel sobre cartón e está exposto en la Galeria nacional de Oslo.
A segunda realizada con témpera sobre cartón e exhibiuse no Museo Munch de Oslo ata que foi roubado no 2004 (recuperouse no 2006)
A tercera pertece ao mesmo museo e a cuarta é propiedade dun particular.
Para contentar ao seu público, Munch realizu también una litografía, aló polo 1895, que permitiu imprimir o cadro en revistas e periódicos.
Aquí tendes a nosa particular homenaxe a Munch.

@s berberechos fixemos o noso propio cadro “Deica arriba” do gran pintor ruso Vasili Kandinsky, quedounos igualiño ca o que fiso Vasili alá polo 1929.
Como podedes ver nós decidimos empregar os roliños e a pintura de dedos para “plagiar” ao artista e quedounos unha autentica obra de arte.
Aquí tendes o resultado do noso traballo despois de que as profesoras o montaran e o colgaran na exposición do corredor.

Unha das obras máis coñecidas e reproducidas do famoso pintor ruso e a dos “Cadrados con círculos concentricos” que data do 1913.
A Vasili Kandinsky gustaballe moito a arte abstracta, cadros sinxelos e con moito corido, por iso as nosas crianzas lles gusta moito este artñista, ademais e moi asinxelo para os nenos e nenas facer estes cadros ao mesmo tempo que se sinten identificados con eles, pola súa sinxelez e corido.
Mirade que ben o pasamos @s caramuxos pintando este fermoso cadro.

Os mexillóns tamén fixemos a nosa obra mestra para a exposición artística do corredor, nos ao igual que os nosos amiguiños e amiguiñas da aula das estreliñas escollemos un cuadro dun tal Joan Miró, un señor que pintaba cadros e facía esculturas. O que máis nos gusta deste pintor é que empregou sempre cores moi sinxelas, como o amarelo, o vermello, o verde e o azul, xunto co negro.
@s mexillóns descubrimos que mezclando a cor azul coa amarela acadamos un verde precioso co que fixemos a base da nosa pintura, logo pintamos con pintura de dedos vermella un papel de lixa, e para rematar manipulamos e pegamos plumas no noso cadro.
O resultado de tanto traballo foi esta orixinal representación deste cadro do pintor catalán.

Pois aquí estamos as estreliñas de mar, para amosarvos como inda que pequech@s, podemos descubrir moitas cousas, e como nos divertimos con esta pintura del pintor, escultor, grabador e ceramista Joan Miró, quen e pregou as súas cores favoritas, o vermello, o azul, o amarelo e o verde. Estas son as cores que máis empregamos na nosa aula, pero a diferencia de artista nos pintamos con pintura de dedos sobre cartolinas e burbullas de plástico e as profes remataron a obra montando as nosas pezas.
… E velaquí a nosa interpretación do cadro “O Nacemento do día” do pintor

Non hai mellor actividade artística que a de pintar sobre papel continuo cunhas sinxelas ceras de cores, xa que mentres o pasamos ben, exercitamos os ombreiros, os cóbados e a motricidade fina.
Mirade que ben o pasamos!!!
Unha das actividades que máis nos gustou as ameixiñas foi a de facer maxia con ceras brancas e acuarelas.
Despois de que as profes escribísen o noso nome nas cartolinas brancas, nós fixemos un debuxo por riba e para rematar pintamos a cartolina con acuarelas de moitas cores e…. “Ta chan”!!! apareceu todo o que escribimos e pintamos.
Que divertida e fermosa foi esta actividade.
