Día das letras galegas

Escrito por Equipo Educativo, o 22 Maio 2012 07:16

Para celebrar o día das Letras Galegas na Escola de Gondomar, tivemos a colaboración do papá e o avó de Lidia, da aula dos Bules, que viñeron a tocar a gaita e a cantar. Tamén contamos cos traxes tradicionais galegos que trouxo Leni. Xuntámonos todos no patio e fixemos unha gran festa, mirade que ben o pasamos!

Grazas á familia de Lidia por vir animar a festa!

OBRADOIRO DE ENSALADA

Escrito por Equipo Educativo, o 16 Maio 2012 17:39

O verde é unha cor que non adoita gustar moito, rexeitamos todo o relacionado cando o vemos no noso prato!! Isto non podía ser!! Así que decidimos facer un obradoiro de ensalada para familiarizarnos con ela. Fixemos unha mestura con leituga, tomate, millo, olivas… ademais de sal, aceite e unhas gotiñas de vinagre. A actividade tamén consistía en que se tiñan que servir. Algo complicado pero que fixeron encantados; cada un deles quería engadir máis ingredientes… Comeron e desfrutaron dela!!! O verde é unha cor fermosa o fin e o cabo…

Xa vedes, unha boa actividade que temos que repetir!!!

OBRADOIRO DE FROITAS DO BOSQUE

Escrito por Equipo Educativo, o 16 Maio 2012 12:39

Como xa sabedes temos que aproveitarnos de todo o que a natureza nos proporciona. Neste momento temos moitas froitas: amorodos, mazás… Gústannos o seu aspecto, teñen unhas cores especiais e un sabor …. que nos encantou!!!! Esta actividade foi preparada por Rosalía, a nosa futura educadora en prácticas. Tivo unha gran idea pois todos os cativ@s participaron con entusiasmo. Tratábase de realizar o circuíto ó tempo que recolectar as froitas que iamos atopando.

Gracias Lía.

SEMANA DOS MAIOS

Escrito por Equipo Educativo, o 11 Maio 2012 14:47

Xa parece que ven o bo tempo, vemos flores, vai calor… Na semana dos maios fixemos unha gran alfombra floral pegando pétalos nun cacho de forro. Algo moi sinxelo pero que lles gusta moito a todos os cativos/as. Con isto conseguimos traballar a motricidade, espertamos os sentidos, estimulamos a atención… ó tempo que o pasamos xenial!!

obradoiro de ensalada

Escrito por Equipo Educativo, o 11 Maio 2012 12:58

Seguindo co proxecto de alimentación, decidimos que os propios nenos e nenas prepararan unha ensalada ó gusto de cada un para despóis comela, coa finalidade de que se vaian familiarizando coas verduras e hortalizas e de que se animen a probar novos ingredientes. A actividade resultou un éxito. Intentaremos repetila máis adiante.

Escrito por Equipo Educativo, o 11 Maio 2012 12:21

Na aula dos Bules estes días estivemos vendo folletos do super para identificar os diferentes alimentos e as súas características. Os nenos e nenas amosaron bastante interese na actividade. Mirade que concentrados estaban:

obradoiro de froitas exóticas

Escrito por Equipo Educativo, o 11 Maio 2012 12:15

Dentro do proxecto dos alimentos fixemos unha actividade que consistiu en observar as características, manipular e probar piña e coco.

Que aproveite!

Obradoiro papel hixiénico

Escrito por Equipo Educativo, o 10 Maio 2012 12:04

Rosalía, unha das chicas que está facendo as prácticas na escola, preparou un orixinal obradoiro de papel para os bebés. Cando entramos na clase ese día, tiña todo perfectamente preparado, colgara duns fíos uns rolos de papel hixiénico por toda a clase, os miúdos quedaron abraiados, timidamente tocaron o papel e cando descubriron que se despregaba non paraban de tirar, chupárono, romperon anaquiños…pasárono moi ben. ¡¡¡¡Coidado papás e mamás co papel hixiénico dos baños, que xa lle atoparon outro uso!!!

MOITAS GRAZAS ROSALÍA!!

Menús do mes de maio

Escrito por Equipo Educativo, o 9 Maio 2012 08:33

Deixámosvos un enlace para que consultedes os menús deste mes.menu-maio-2012

Os da tarde achegámonos a natureza.

Escrito por Equipo Educativo, o 7 Maio 2012 18:15

Como dicimos no título desta publicación os nenos e nenas da tarde tamén nos achegamos a natureza mediante o contacto coas plantas e os animais.

Tivemos variadas e divertidas actividades nas que tamén participaron as familias, achegándonos material diverso e formando parte dalgunha das actividades.( de antemán “moitas grazas mamás e papás”).

Disfrutamos do contacto coas plantas, descubríndoas tanto coa vista, coma co  tacto e o olfato. As que máis nos gustaron foron as aromáticas.

Plantas Aromáticas

Visitáronnos varios animalíños, entre eles un grilo e un pito que nos trouxo Sefi, a nai de Diego coa que pasamos unha bonita tarde.

Un pito que

parecía talmente o Polo Pepe.

Outro dos visitantes que máis éxito tivo foi o grilo que facía acrobacias subido aos tacos de madeira e daba uns saltos que semellaba máis un saltón que un grilo.

O grilo saltareiro