ANIVERSARIOS NA AULA DE PÍCAROS

Escrito por Equipo Educativo, o 10 Febreiro 2012 18:36

Na aula de pícaros comezamos a celebrar os aniversarios dos nenos/as que xa cumpren tres anos. Sopramos as velas, cantamos a canción ” CUMPLEANOS FELIZ” e comemos as deliciosas tortas que nesta ocasión  nos trouxeron Kalén e Sofía ( grazas).

Despois fixemos unha festa con música e bailamos

¡Que ben o pasamos!.

Non   nos podemos esquecer dos pícaros que tamén teñen o seu aniversario pola tarde coma é o caso de Lorena. Ela o celebrou con todos/as os seus compañeiros con torta, canción, baile, e incluso xogamos con globos. Divertímonos moito.

MENÚS DO MES DE FEBREIRO

Escrito por Equipo Educativo, o 7 Febreiro 2012 09:51

Deixámosvos un enlace para que consultedes o menú do mes de febreiromenu-febreiro-2012

OBRADOIRO DE XEO

Escrito por Equipo Educativo, o 6 Febreiro 2012 13:56

Frío, frío e frío!!! Isto é do que máis se fala estes dias pero nós quixémolo vivir máis directamente facendo un obradoiro de xeo. Collemos todo o preciso para facer uns vasiños de xeo atractivos e diferentes e… mans a obra!! Tratamos de estimular os sentidos (vista, gusto, tacto, olfacto e tamén, o oído) xa que nestas idades son moi importantes, aprendemos tocando, ulindo… a través de sensacións. Pasámolo moi ben!!

ANIVERSARIO DE ANXO

Escrito por Equipo Educativo, o 2 Febreiro 2012 13:39

O pasado 24 de Xaneiro Anxo cumpriu un aniño, e para  celebralo preparamos unha riquísima torta de xelatina.

PARABÉNS ANXO E UN BIQUIÑO MOI GRANDE!!

Mirade que ben saíron todos/as na foto de grupo.

OBRADOIRO DE VENTO E NEVE

Escrito por Equipo Educativo, o 1 Febreiro 2012 13:52

Como xa sabedes seguimos co proxecto do inverno e para sentir mellor o que sucede nesta estación do ano, decidimos vivir o frío  que provocan o vento e a neve pero dunha forma moi especial. Collemos moitos trozos de papel, que intentaron rasgar os nenos durante toda a semana e…. a desfrutar!!!


Ademáis de pasalo ben conseguimos realizar moitas aprendizaxes ó tempo que espertar a curiosidade e a atención de todos os cativos. É unha actividade que apetece facer e repetirrrrrr!!!! xa que desfrutaron moito (eles e nós tamén).


traballando a psicomotricidade fina

Escrito por Equipo Educativo, o 23 Xaneiro 2012 09:15

Unha actividade que ós nenos e nenas lles gusta moito e que axuda a estimular a motricidade fina e a coordinación visomanual é meter macarróns dentro de botellas. Ademáis, ó rematar temos unhas fantásticas maracas.

Mirade que ben o pasan xogando ó tempo que adquiren destrezas de coordinación e precisión motora.

Obradoiro de bombóns

Escrito por Equipo Educativo, o 23 Xaneiro 2012 09:02

Polo Nadal os Bules xuntámonos cos Cativos un día para preparar uns ricos bombóns de chocolate con cereais. Gustounos moito manipular e probar o chocolate líquido. Botámolo en moldes e tamén lle puxemos uns poucos cereais. Cando solidificou desmoldámolos e… listos para comer. ¡Que ricos estaban!

Algúns Bules xa temos 2 anos

Escrito por Equipo Educativo, o 11 Xaneiro 2012 08:46

Os dous maiores da aula, Raquel e Diego, xa cumpliron os 2 aniños e había que celebralo. Entre todos fixemos unhas coroas ben bonitas para os reis da festa. Despois cantamos a canción dos cumples, sopramos as velas e… a comer, a xogar e a bailar!!!!

¡Parabéns!

Os Reis Magos de Oriente visitan a Escola de Gondomar

Escrito por Equipo Educativo, o 9 Xaneiro 2012 11:38

Os Reis Magos visitaron o pasado mércores día 4 a nosa escola para saudar ós nenos e nenas de Gondomar, para ver que tal se estaban a portar e para deixarnos un pouco de maxia e ilusión.

Como para algúns pequenos era a primeira vez que vían cara a cara a ós Reis Magos, algúns asustáronse un pouco, pero estamos seguros de que foi unha experiencia moi especial para todos.

¡Moitas grazas “Melchor”, “Gaspar” e “Baltasar”!

Patricia grazas por acompañarnos na escola unha vez máis

Escrito por Equipo Educativo, o 5 Xaneiro 2012 12:21

Onte pola mañá Patricia, a nai de Brais, da aula que lle chaman dos fervellos, acompañounos nas actividades da mañá e a tivemos moi atarefada:

Primeiro contounos uns contos de animais moi bonitos e que tiñan sons característicos. Patricia é unha boa contacontos, de feito, o curso pasado tamén compartiu con todos o libro de contos preferido do seu fillo.

Aínda non rematara de contar e Patricia ofreceuse para colaborar nunha urxencia dos Reis Magos. Despediuse da aula de xeito moi agarimoso e foise rapidamente a acompañar a Melchor e Baltasar que agardaban para visitar a escola. Este día rematou con un gran bico de despedida que Brais deu a Gaspar e a súa nai ó tempo.

Gústanos que persoas maiores nos adiquen un pouco do seu tempo. Grazas Patricia.