Arquivos da categoría ‘Unidade Miúdos’
Escrito por Equipo Educativo, o 20 Decembro 2012 13:46
Manipulando elementos naturais……
Escrito por Equipo Educativo, o 20 Novembro 2012 09:56
Unha actividade que podemos facer coas crianzas máis pequenas da escola e con recursos que todos/as temos ao noso alcance é manipular distintos elementos da natureza. O entorno nesta época do ano, nos ofrece unha grande variedade de recursos naturais ricos en distintas formas, texturas e cores que podemos aproveitar para estimular aos máis pequenos/as.
Deixámosvos algunha foto das mellores experiencias.
O proceso de adaptación na aula Miúdos
Escrito por Equipo Educativo, o 10 Outubro 2012 15:02
O Período de adaptación é o intervalo temporal que as crianzas precisan para asimilar os cambios producidos na súa vida, contorno e ambiente ao incorporárense a escola infantil. As crianzas, pasan dun ambiente que coñecen a outro descoñecido e, en moitos casos, vai supoñer a primeira separación das figuras de apego. Durante os primeiros días consideramos fundamental que as crianzas asistan a escola acompañados dalgún familiar coñecido para eles/elas para facilitar así o tránsito a mesma.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do transcurso deste proceso na aula dos bebés.
Xornada de portas abertas:
Período de adaptación:
Obradoiro con pasta alimenticia
Escrito por Equipo Educativo, o 14 Xuño 2012 09:58
Xa sabedes que na Escola Infantil de Gondomar nos gusta experimentar e que calquera cousa nos serve para xogar e aprender. Esta vez quixemos probar un novo material: xuntámonos os Miúdos, os Cativos e os Bules para participar nun obradoiro moi divertido. Tras descalzarnos e sacar os pantalóns entramos na aula e atopámonos unha gran sorpresa: un montón de espagetis cocidos. Mirade como gozaban da nova textura, incluso algúns se animaron a probalos.
Obradoiros sensoriais aula Miúdos
Escrito por Equipo Educativo, o 28 Maio 2012 21:09
Durante a semana pasada levamos a cabo unha serie de obradoiros sensoriais coas crianzas, que tiveron moi boa acollida. Fixemos dous, o primeiro día empregamos fariña e o segundo arroz, materiais que por as súas características préstanse para facer moitas actividades coas crianzas, aos nenos e nenas encántalles ver como estes materiais se deslizan polos seus dedos, perciben sensacións ao encher, baleirar, comparar, e axúdalles a coordinar a motricidade manual e é unha agradable experiencia táctil que lles permite sentir moi variadas sensacións.
O noso maio.
Escrito por Equipo Educativo, o 28 Maio 2012 20:50
Como elaborar un maio é algo practicamente imposible a estas idades, durante a semana dos maios, na aula de bebés adicámonos a mirar, tocar, ulir, sentir as distintas variedades de flores que moi gustosamente nos achegaron as familias durante esta semana, e para rematar a actividade, tiramos anaquiños de flores e pétalos en forro adhesivo que posteriormente Aroa e Alicia pegaron no cristal.
Obradoiro papel hixiénico
Escrito por Equipo Educativo, o 10 Maio 2012 12:04
Rosalía, unha das chicas que está facendo as prácticas na escola, preparou un orixinal obradoiro de papel para os bebés. Cando entramos na clase ese día, tiña todo perfectamente preparado, colgara duns fíos uns rolos de papel hixiénico por toda a clase, os miúdos quedaron abraiados, timidamente tocaron o papel e cando descubriron que se despregaba non paraban de tirar, chupárono, romperon anaquiños…pasárono moi ben. ¡¡¡¡Coidado papás e mamás co papel hixiénico dos baños, que xa lle atoparon outro uso!!!
MOITAS GRAZAS ROSALÍA!!
obradoiro de pintura
Escrito por Equipo Educativo, o 1 Maio 2012 19:35
Na aula dos bebés fixemos un obradoiro con pintura. Para ser a primeira vez que utilizamos este material con estas crianzas, tivo moi boa acollida. Sobre papel continuo branco depositamos témpera de distintas cores, e con pinceis, rolos e esponxas os miúdos puxéronse mans a obra. Algúns tocaron a pintura coas mans e incluso cos pes…mentres outros limitáronse a observar timidamente un pouco afastados, xa que non lles gustaba tocar este novo material que impregnaba todo de cor.
Obradoiro de chocolate
Escrito por Equipo Educativo, o 23 Abril 2012 21:35
A semana pasada fixemos un obradoiro de chocolate cos bebes. O chocolate é un material que por as súas características préstase bastante para traballar cos mais pequenos/as xa que é doce, ten cor e ademais pode presentar distintas temperaturas, xa que podemos utilizar o chocolate morno en contraste co frío para facer esta actividade. Nesta ocasión proporcionámoslles aos pequenos/as distintos útiles de cociña para que os que non se atreveran a tocar este novo material directamente o fixeran a través dunha culler.















