Visita das familias con mascotas
Escrito por Equipo Educativo, o 8 Maio 2013 15:18
Dentro do proxecto animais e plantas. As familias visitaron a escola para compartir cos nenos as súas mascotas. Parécenos de moito interese que as familias dentro das súas posibilidades se achegen a escola para acompañarnos e ter a posibilidade de relacionarnos e aprender das cousa que nos poidan aportar. Pensamos que os animais que se teñen na casa poden axudar na aprendizaxe de actitudes de coidado e relacións afectivas cara o respecto do medio. Grazas a todas e todos pola vosa colaboración.
Amosamos algunhas montaxes de fotos que esperamos que reflictan a relación especial que se establece entre nenos e animais e a emoción que lle produce.


















