Arquivos da categoría ‘curso 2010-2011’

Os da tarde achegámonos a natureza.

Escrito por Equipo Educativo, o 7 Maio 2012 18:15

Como dicimos no título desta publicación os nenos e nenas da tarde tamén nos achegamos a natureza mediante o contacto coas plantas e os animais.

Tivemos variadas e divertidas actividades nas que tamén participaron as familias, achegándonos material diverso e formando parte dalgunha das actividades.( de antemán “moitas grazas mamás e papás”).

Disfrutamos do contacto coas plantas, descubríndoas tanto coa vista, coma co  tacto e o olfato. As que máis nos gustaron foron as aromáticas.

Plantas Aromáticas

Visitáronnos varios animalíños, entre eles un grilo e un pito que nos trouxo Sefi, a nai de Diego coa que pasamos unha bonita tarde.

Un pito que

parecía talmente o Polo Pepe.

Outro dos visitantes que máis éxito tivo foi o grilo que facía acrobacias subido aos tacos de madeira e daba uns saltos que semellaba máis un saltón que un grilo.

O grilo saltareiro


OS CATIVOS ESTAMOS DE ANIVERSARIO

Escrito por Equipo Educativo, o 5 Xullo 2011 12:25

No mes de xuño na aula de cativo comezamos cos aniversarios o primeiro en cumprir anos foi Asier despois Anxo valls, Gimena e Anxo Quintas. MOITOS PARABÉNS  PARA OS CATRO!!!!!.

Aniversario Asier:

Aniversario Anxo Valls:

Aniversario Gimena:

Aniversario Anxo Quintas:

MENÚ DO MES DE XULLO

Escrito por Equipo Educativo, o 30 Xuño 2011 08:56

Deixámosvos un enlace para que consultedes o menú do mes de xullo.menu-de-xullo-2011

FESTA DE VERÁN!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Xuño 2011 21:44

O  pasado 17 de Xuño celebramos unha xornada de convivencia, coa colaboración da ANPA Ameixeira, no CC de Vilaza . Familias nenos/as e equipo educativo compartimos charla, merenda e xogos. Os máis pequenos contaron tamén cun parque de bolas e unha zona de xogos exterior que fixo aínda máis agradable a súa estancia alí.

Nun primeiro momento os cativos xogaron abertamente no parque de bolas, compartindo así un xogo distinto ao habitual, cando xa estaban case todas as familias pegamos papel continuo no chan e puxemos a disposición de todos diferentes materiais, rotuladores, ceras, gomets, pegamentos, papeis de cores,….. Cada familia co seu neno/a debuxou e decorou o papel a súa maneira. O resultado fai un enorme mural cheo de cores e  de múltiples debuxos.
O rematar a actividade, tomámonos un descanso e merendamos todos xuntos as deliciosas tortas, empanadas, bocadillos, tortillas,….. que trouxeron as familias.

E para rematar a festa nada mellor que unha actuación Do “Rey Midas”. Foi moi divertido ver como os cativos facían maxia, claro esta coa axuda do mago.

MOTAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS, AO  ”REY MIDAS” E DIRECTIVA DO CC DE VILAZA POR AXUDARNOS A FACER MAIS AGRADABLE ESTA XORNADA.


Xogo no areeiro

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Xuño 2011 07:39

Os Bules vamos a xogar ao areeiro, pasámolo xenial collendo a area coas pas, enchendo os botes,  peneirando  area….

Os Bules lavamos a louza

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Xuño 2011 07:28

Para ir colaborando nas tarefas domésticas, os Bules aprendemos a lavar a louza.

Primeiro temos que manchar, e que mellor maneira de facelo que preparando unha boa comida….

Despois toca recoller todos os cacharros………

E por último a fregar a louza………

Que ben o pasamos xogando!!!!!!!!!!!

Na aula dos Bules aprendemos a por o babeiro

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Xuño 2011 07:21

A vida diaria dun neno/a na escola ten moitos momentos nos que teñen que ir aprendendo a facer cousas sós, un exemplo disto e  por o babeiro cando vamos a comer.

Para fomentar a súa autonomía nesta actividade diaria decidimos que foran practicando na aula e conseguir así que no momento da comida os poñan eles sós.

PERO QUE MAIORES SON OS BULES!!!!!!!!!!!

Colares de pasta

Escrito por Equipo Educativo, o 22 Xuño 2011 21:53

Estamos a traballar o proxecto dos alimentos e na aula de psicomotricidade para traballar a motricidade fina fixemos colares con pasta. Os nosos/as nenos/as cada vez son máis maiores e con este tipo de actividades están máis motivados e concentrados.

Un agasollo moi especial

Escrito por Equipo Educativo, o 21 Xuño 2011 21:43

O pai de Yago trouxo a escola un regalo moi especial:

unha cociña para a aula de xogo simbólico!!!!!

Ademais para explicarnos a súa profesión trouxo unha cousa moi necesaria para o seu traballo: a súa caixa de ferramentas. Explicounos o seu traballo e deixou que xogáramos coas ferramentas.

Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras…

MOITAS GRAZAS POLA NOVA COCIÑA!!!!!!!

Aniversario de Noa

Escrito por Equipo Educativo, o 20 Xuño 2011 21:41

Na aula dos maiores tocoulle a Noa celebrar o seu aniversario.

E despois de celebralo fixemos unha foto todos xuntos para que quede como recordo!!!!