Arquivos da categoría ‘Actividades grupais’

VISITA PAIS ANXO SPENCER

Escrito por Equipo Educativo, o 3 Abril 2013 17:38

Como xa sabedes estamos en todo momento abertos a calquera proposta que se nos achegue. Esta vez os pais do noso compañeiro Anxo Spencer quixeron deleitarnos cun gran concerto de música moi especial. Tamén nos amosaron uns instrumentos diferentes ós que estamos acostumados, todos feitos artesanalmente, de aparencia sinxela pero que soaban xenial!! Puidemos tocalos, cantar, bailar, demos palmas… A verdade é que estivo moi ben, pasamos un ratiño moi, moi divertido!!! Grazas por vir!! Cando queirades repetir so tedes que dicilo!!

Moitas grazas!!

Desfile de Entroido por as rúas de Gondomar

Escrito por Equipo Educativo, o 8 Febreiro 2013 14:51

Este venres, coma todos os anos, preparámonos para lucir os nosos disfraces polas rúas do pobo. Primeiro reunímonos todos na escola para vestirnos e ultimar detalles.

Os nenos/as estaban encantados de poder lucir o disfrace do “Polo Pepe”, tan  querido por eles/as.

Unha vez preparados/as, familias e crianzas saímos cara as principais rúas do Pobo.

Maiores e pequenos/as pasámolo moi ben.

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración. Que pasedes un bo entroido!!!!

APRENDEMOS A ESPERAR

Escrito por Equipo Educativo, o 30 Outubro 2012 18:30

Un dos obxectivos que pretendemos traballar nas rutinas cotiás é “aprender a esperar”. Nestes momentos as crianzas actúan por impulsos, queren ser complacidos de inmediato polo que é preciso aprenderlles a esperar a súa quenda no xogo, no tren… entre outros moitos aspectos.

Estamos aprendendo a esperar sentados no corredor a que os compañeiros saian da aula e a que esta poda ventilarse un pouco.

Somos os adultos, con paciencia e constancia os que temos que axudalos. Valorando os pequenos avances e confiando plenamente nas súas capacidades, os cativos son quen de conseguilo pouco a pouco con entrenamento diario.

A medida que os cativos/as van madurando vanse dando conta que cada cousa precisa o seu tempo, que non todo se vai a conseguir de maneira inmediata. Nesta escola sabémolo moi ben e xa sabemos esperar un pouquiño !!!

Mirade que sentada de corredor máis chula !!!

O MAGOSTO

Escrito por Equipo Educativo, o 24 Outubro 2012 17:36

Unha das celebracións que se levan a cabo nestes momentos é a do magosto. Nós pedímoslles unhas castañas a cada cativ@ para cocer. Unhas castañeiras repartiron cadanseu cucurucho logo de ver unha fantástica obra con títeres na que participaron todas as crianzas. Para rematar puxemos música tradicional e… a bailar!! Pasámolo moi ben rodeados/as de todos os nosos compañeiros e compañeiras, comendo, xogando, rindo e compartindo.

GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

festa de fin de curso

Escrito por Equipo Educativo, o 9 Xullo 2012 07:25

Na Escola Infantil de Gondomar quixemos despedir este curso cunha festa para nenos/as e familias. Reunímonos todos no Centro Cultural de Vilaza e alí os pequenos e pequenas gozaron dunha gran festa amenizada coa actuación do grupo de Renato, o papá de Anxo Spencer, que nos fixo bailar, cantar e movernos ao ritmo da música, facéndonos pasar unha tarde moi agradable en compaña de todas as familias. Moitísimas grazas Renato!!!

Os máis pequenos e pequenas tamén gozaron nun gran parque de bolas, e cos globos de cores e con formas moi divertidas, que repartía un simpático paiaso.

Rematamos a festa cunha gran merenda que trouxeron as familias.

Queremos agradecer a ANPA da escola a colaboración na organización desta gran festa, ademais da adicación e axuda  que nos prestaron durante todo o presente curso 2011/2012.

Aproveitamos para dar as grazas a todas as familias, pola participación en todos os proxectos programados, e na vida diaria da escola.

SESIÓN DE CONTACONTOS

Escrito por Equipo Educativo, o 14 Xuño 2012 12:55

Gústannos moito os contos e… hoxe está un día que apetecen máis que nunca. Xuntámonos os cativos e os bules para facer unha gran sesión de contacontos: lua, lua…, cocodrilo verde… Os cativ@s axúdaronnos a contalos, participan moitísimo!! Mirade que atentos están todos!!

Obradoiro con pasta alimenticia

Escrito por Equipo Educativo, o 14 Xuño 2012 09:58

Xa sabedes que na Escola Infantil de Gondomar nos gusta experimentar e que calquera cousa nos serve para xogar e aprender. Esta vez quixemos probar un novo material: xuntámonos os Miúdos, os Cativos e os Bules para participar nun obradoiro moi divertido. Tras descalzarnos e sacar os pantalóns entramos na aula e atopámonos unha gran sorpresa: un montón de espagetis cocidos. Mirade como gozaban da nova textura, incluso algúns se animaron a probalos.

VISITA DUN MÚSICO!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 1 Xuño 2012 12:44

Como xa sabedes sempre estamos dispostos a todo o que se nos propoña. Gústannos as novidades e neste caso tivemos a visita do padriño de Alejandro que toca o bombardino!!! Reunímonos os cativos e os bules, sentámonos e.. silencio!! shhh!! que vai comezar o concerto!! Estiveron todos moi atentos. A verdade é que estas actividades axudan a fortalecer os lazos entre a familia e a escola, algo fundamental.

Moitas grazas!!

FACEMOS PIZZA!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 1 Xuño 2012 12:31

Como xa sabedes seguimos mergullándonos no mundo das comidas, bebidas e postres. Este é un proxecto que nos ofrece moitas posibilidades. Esta vez decidimos facer unha rica pizza!! Xa vedes nas fotos todo o proceso: estirar a masa, colocarlle todos os ingredientes, metela no forno e… a comela!! Esta actividade axúdanos a colaborar entre nós, a esperar a nosa quenda, estar sentados… pero sobre todo a experimentar a sensación de comer algo feito cas nosas mans. A verdade é que temos que repetir xa que gustou moito e ca gastronomía tan extensa que temos… algo máis se nos ocorrerá!!!

Xa vedes como nos encantou, estaba boísima!!!

Día das letras galegas

Escrito por Equipo Educativo, o 22 Maio 2012 07:16

Para celebrar o día das Letras Galegas na Escola de Gondomar, tivemos a colaboración do papá e o avó de Lidia, da aula dos Bules, que viñeron a tocar a gaita e a cantar. Tamén contamos cos traxes tradicionais galegos que trouxo Leni. Xuntámonos todos no patio e fixemos unha gran festa, mirade que ben o pasamos!

Grazas á familia de Lidia por vir animar a festa!