Arquivos da categoría ‘curso 2011-2012’
Escrito por Equipo Educativo, o 1 Marzo 2013 18:21
Algo tan cotiá como é o iogur ten unha textura que resulta moi atractiva para todos. Decidimos repetir este obradoiro para ver a evolución que tiveron respecto este material, mellorar todo aquilo que non gustou e transformalo nos intereses e características que presentan os nenos e nenas neste mesmo intre. Observamos os cambios ocorridos respecto o obradoiro anterior e vimos que os nenos e nenas presentan unha gran madurez. Pareceunos moi interesante repetilo, a todos os cativos/as lles gustou moito.

Publicado en Unidade Bulebules, curso 2011-2012 | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 22 Xaneiro 2013 09:40
Informámosvos de que a sesión de Contos en Cueiros aprazada o pasado sábado por mor das previsións meteorolóxicas terá lugar o venres, 25 de xaneiro, ás 17:30 horas, na Casa da Lectura.
Un saúdo.
Publicado en Información para as familias, curso 2011-2012 | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 18 Xaneiro 2013 17:48
Diego xa ten 3 anos!! e celebrou o seu aniversario cos seus compañeiros/as, decorou a sua coroa,comeron moito o bizcoito e bailaron facendo unha roda.
Moitas Felicidades Diego!!!

Publicado en Unidade Pícaros, curso 2011-2012 | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 26 Xullo 2012 17:24
Celebramos xuntos na aula de Fervellos o terceiro aniversario de Iago Garrido cunha torta moi fermosa e rica feita polos seus pais.
Como o día estaba bó a celebración a fixemos no noso patio e bebimos un zume moi especial.
Iago estaba emocionado coa coroa que fixemos entre todos e soplou a vela co 3.
Feliz tercer aniversario!!!!

Publicado en Os nosos aniversarios, Unidade Fervellos, curso 2011-2012 | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 13 Xullo 2012 12:51
Hoxe celebramos o aniversario do noso amigo Hugo. A verdade é que estaba moi contento xa que é un día moi especial, eres ti o único protagonista!! Trouxo unha bica moi rica que compartimos con todos para logo bailar un ratiño. Pasámolo moi ben! Parabéns Hugo!!

GRAZAS!!
Publicado en Os nosos aniversarios, Unidade Cativos, curso 2011-2012 | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 9 Xullo 2012 07:25
Na Escola Infantil de Gondomar quixemos despedir este curso cunha festa para nenos/as e familias. Reunímonos todos no Centro Cultural de Vilaza e alí os pequenos e pequenas gozaron dunha gran festa amenizada coa actuación do grupo de Renato, o papá de Anxo Spencer, que nos fixo bailar, cantar e movernos ao ritmo da música, facéndonos pasar unha tarde moi agradable en compaña de todas as familias. Moitísimas grazas Renato!!!


Os máis pequenos e pequenas tamén gozaron nun gran parque de bolas, e cos globos de cores e con formas moi divertidas, que repartía un simpático paiaso.
Rematamos a festa cunha gran merenda que trouxeron as familias.

Queremos agradecer a ANPA da escola a colaboración na organización desta gran festa, ademais da adicación e axuda que nos prestaron durante todo o presente curso 2011/2012.
Aproveitamos para dar as grazas a todas as familias, pola participación en todos os proxectos programados, e na vida diaria da escola.
Publicado en Actividades grupais, curso 2011-2012 | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 29 Xuño 2012 09:21
O longo do curso fixemos moitos obradoiros: papel, fariña, chocolate… en fin!, todo o que se nos ocorría. Case todos tiveron unha gran acollida aínda que como é de esperar, uns gustaron máis que outros. Así, decidimos repetir algúns dos que resultaron mellor, algúns cos que máis defrutaron todos os cativ@os.



Publicado en Unidade Cativos, curso 2011-2012 | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 29 Xuño 2012 08:57
Celebramos o San Xoán, a noite máis curta pero o día máis longo!! Seguindo unha das moitas tradicións da nosa cultura galega fixemos a tan coñecida auga de San Xoán. As familias achegáronnos as herbas propias para facela entre todos os cativos: ulimos, tocamos… para logo deixala baixo os encantos da lúa. O día seguinte lavámola cara con esta auga que segundo as lendas ten moita maxia. Os nen@s estaban encantados aínda que… algúns dicían que estaba moi fría!!!!


Publicado en Unidade Cativos, curso 2011-2012 | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 27 Xuño 2012 12:51
Deixámosvos un enlace para que consultedes o menú do mes de xullo menu-xullo2012-1
Publicado en Menus da escola, curso 2011-2012 | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 14 Xuño 2012 12:55
Gústannos moito os contos e… hoxe está un día que apetecen máis que nunca. Xuntámonos os cativos e os bules para facer unha gran sesión de contacontos: lua, lua…, cocodrilo verde… Os cativ@s axúdaronnos a contalos, participan moitísimo!! Mirade que atentos están todos!!

Publicado en Actividades grupais, Unidade Bulebules, Unidade Cativos, curso 2011-2012 | Non hai comentarios »