Aprendendo a relaxarnos con un coxín
Escrito por Equipo Educativo, o 26 Setembro 2012 15:50
Os fervellos da escola infantil de Gondomar estamos aprendendo a relaxarnos pouco a pouco, xuntos na aula, con axuda de un ambiente axeitado( sen ruído e pouca luz, música clásica suave) e a compaña de un coxín, que recollen de unha estantería, e nos situamos nunha colchoneta a descansar un rato sen durmirnos.
Temos que estar caladiños, quietiños e a cabeciña no coxín… para ir aprendendo a parar o nivel de actividade e favorecendo a relaxación. Son moitas cousas que teñen que ir practicando para seren capaces de desfrutar de tódalas vantaxes dun momento que queremos que se convirta nunha nova rutina da escola.
Podedes ver o ben que lle sae para ser unha das primeiras veces que practicamos:

