Arquivo do 22 de Febreiro de 2012

Desfile de entroido polas rúas de Gondomar

Escrito por Equipo Educativo, o 22 Febreiro 2012 16:01

O pasado venres, coma todos os anos, preparámonos para lucir os nosos disfraces polas rúas do pobo. Primeiro reunímonos todos na escola para vestirnos e ultimar os detalles.

En compaña das familias saímos todos guapísimos disfrazados de familia Picapedra.

Parecíamos auténticos seres da prehistoria e incluso tivemos a sorte de poder montar nun “troncomóvil” e de contar con unha mascota de luxo: un pedazo de “dino” canino.

Queremos agradecer ás familias a súa colaboración, xa que sen elas esta festa non sería posible. Moitas grazas e deica o entroido que ven.