
Amosamos algunhas das actividades desenvolvidas nos grupos 2-3 en colaboración coas familias dos nenos e nenas que se traballaron dentro do proxecto de animais e flores na Escola Infantil de Gondomar para festexar a primavera.
As visitas coas mascotas dos nenos e nenas fomentaron as relacións coas familias e a súa participación nas diferentes aulas da escola infantil para presentar os cans, gatos, grilos, tartarugas, hamster, periquitos, coellos, kikos, parrulos,…
A proposta de convidar a pais e nais e mascotas resultou todo un éxito polo interese que despertou esta iniciativa tanto nos nenos coma nas familias.
Os pais concretaban cos educadores as posibilidades de amosar na escola os animais da casa e organizar as visitas correspondentes tentando favorecer o acompañamento dos adultos.
Tivemos gran cantidade e variedade de animais para aprender moitas cousas características de outros seres vivos. Amosamos a través de fotografias algúns momentos que esperamos reflictan a ilusión de compartir o tempo escolar con familias e mascotas.
Grazas unha vez máis a tódalas familias por participar nas actividades propostas dende a escola, porque pensamos que nos enrriquecen mutuamente e favorecen unha educación de calidade.
GRAZAS!







