A SEMANA DOS CONTOS
Escrito por Equipo Educativo, o 2 Maio 2012 12:38
A semana do 23 ó 27 de abril, con motivo da celefración do día do libro, na escola infantil de Gondomar organizamos a “semana dos contos”, durante a cal cada día contamos un conto empregando distintos soportes: retroproxector, franelograma, monicreques, narración oral e representación. Para estas actividades xuntámonos os cativos, os bules e os miudiños.
“A que sabe a lúa” (FRANELOGRAMA)
“Os tres porquiños” (monicreques) Representado por Yaiza, Rosalía e Alicia, as tres chicas que están facendo as prácticas na escola. Foi unha orixinal representación deste coñecido conto, as crianzas e “maiores” pasámolo fenomenal.
Grazas por a vosa colaboración, sodes unhas grandes artistas!!!!




