Arquivo de Xuño de 2012

OS MELLORES OBRADOIROS

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Xuño 2012 09:21

O longo do curso fixemos moitos obradoiros: papel, fariña, chocolate… en fin!, todo o que se nos ocorría. Case todos tiveron unha gran acollida aínda que como é de esperar, uns gustaron máis que outros. Así, decidimos repetir algúns dos que resultaron mellor, algúns cos que máis defrutaron todos os cativ@os.

SAN XOÁN

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Xuño 2012 08:57

Celebramos o San Xoán, a noite máis curta pero o día máis longo!! Seguindo unha das moitas tradicións da nosa cultura galega fixemos a tan coñecida auga de San Xoán. As familias achegáronnos as herbas propias para facela entre todos os cativos: ulimos, tocamos…  para logo deixala baixo os encantos da lúa. O día seguinte lavámola cara con esta auga que segundo as lendas ten moita maxia. Os nen@s estaban encantados aínda que… algúns dicían que estaba moi fría!!!!

MENÚS DO MES DE XULLO

Escrito por Equipo Educativo, o 27 Xuño 2012 12:51

Deixámosvos un enlace para que consultedes o menú do mes de xullo menu-xullo2012-1

ANIVERSARIOS DOS PÍCAROS

Escrito por Equipo Educativo, o 22 Xuño 2012 14:18

…E que cumplan moitos mais…!Parabens polos tres anos mellor cumpridos!

Xa sodes uns maiores!

 

 

 

 

SESIÓN DE CONTACONTOS

Escrito por Equipo Educativo, o 14 Xuño 2012 12:55

Gústannos moito os contos e… hoxe está un día que apetecen máis que nunca. Xuntámonos os cativos e os bules para facer unha gran sesión de contacontos: lua, lua…, cocodrilo verde… Os cativ@s axúdaronnos a contalos, participan moitísimo!! Mirade que atentos están todos!!

Obradoiro con pasta alimenticia

Escrito por Equipo Educativo, o 14 Xuño 2012 09:58

Xa sabedes que na Escola Infantil de Gondomar nos gusta experimentar e que calquera cousa nos serve para xogar e aprender. Esta vez quixemos probar un novo material: xuntámonos os Miúdos, os Cativos e os Bules para participar nun obradoiro moi divertido. Tras descalzarnos e sacar os pantalóns entramos na aula e atopámonos unha gran sorpresa: un montón de espagetis cocidos. Mirade como gozaban da nova textura, incluso algúns se animaron a probalos.

ANIVERSARIO ANTIA COMESAÑA

Escrito por Equipo Educativo, o 12 Xuño 2012 12:55

O domingo a nosa “cativa” Antía Comesaña cumpriu 2 aniños!!! Nós celebrámolo hoxe cunha bica moi deliciosa. Sopramos a vela para logo xogar todos xuntos, sempre intentando compartir entre todos. Sacamos unhas fotiños para que vexades!!

Moitos parabéns Antía Comesaña!!!

Regamos o noso xardín colgante

Escrito por Equipo Educativo, o 7 Xuño 2012 16:36

Os fervellos temos no patio da aula un xardín colgante que nos axudou a plantar a nai da nosa compañeira María.  Aproveitamos as botellas plásticas de auga que reutilizamos como maceteiros. Os nosos educadores pensan que participando a cotío na semente e na rega das plantas do noso xardín, podemos aprender actitudes positivas cara as plantas como seres vivos que medran e comezar a saber respetalas e coidalas.

No noso xardín temos leitugas, tomates, xudías, herba, millo, plantas de flor. Coa axuda do sol e a auga da rega estan medrando felices na compaña dos nenos e nenas que as respectan poque as coidan e van aprendendo.

Parabéns para todos os nenos e nenas pola súa maña!

Grazas polas últimas visitas familiares á escola

Escrito por Equipo Educativo, o 7 Xuño 2012 15:58

Na escola infantil de Gondomar estamos moi contentos da colaboración e acompañamento das familias nas actividades do centro. Con motivo da celebración das letras galegas solicitamos a pais e nais un achegamento a nosa cultura a través de imaxes, gastronomía e  música e folclore da terra.

Esperamos que as montaxes reflictan a ledicia dos nenos e nenas na compaña de familiares e adultos que nos amosan algúns dos seus saberes con relación á cultura propia. Unha vez máis a colaboración cotiá familia e escola da como froito un enrriquecimento das actividades organizadas e unha aprendizaxe apegada á realidade.

Agradecemos moito a participación nas actividades , tanto á madriña de Anxo como a tía de Andrea e amigas, a Yaiza, estudiante de educación infantil que nos acompañou uns días na aula.

Queremos suliñar a visita moi especial de Marta,  irmá maior de Iago,  quen nos acompañou con moito cariño e ilusión e  escoitamos un conto moi bonito, foi a encargada do reparto de galletas e auga e aprendimos a regar con ela o noso xardín colgante.

Grazas a todos e todas por investir este tempo na educación dos pequenos. Xa se sabe; “Fai falla a aldea enteira para educar a un neno”.

menús do mes de xullo

Escrito por Equipo Educativo, o 4 Xuño 2012 11:31

Deixámosvos un enlace para que consultedes o menú do mes de xuño. menu-de-xuno