Grazas Patricia
Esta semana tivemos unha visita moi especial na Escola de Gondomar. Patricia, a nai de Brais da aula de Fervellos, nos trouxo un canciño pequeno, para presentalo a todos os nenos e nenas. Visitaron todas as aulas, para poder ter a oportunidade de coñecelo, e resultou unha experiencia moi enriquecedora para todos.
Patricia xa nos ten acompañado en distintas ocasións para compartir distintos momentos e dende o equipo educativo queremos agradecerle unha vez máis o seu cariño e colaboración no desenvolvemento de actividades conxuntas de aproveitamento de recursos en estreita colaboración.
Moitas grazas!!!
