OBRADOIRO DE MAQUILLAXE
Como seguimos co proxecto da primavera: animais e plantas quixemos facer algo diferente e moi atractivo para os cativ@s. Yaiza, que está facendo as prácticas, propúxonos facer un obradoiro de maquillaxe baseándonos na temática dos animais. Unha gran idea! posto que os cativos o pasaron xenial. Cada un deles escollía un animal para pintarlle no rostro logo víanse no espello e sorrían!!
Grazas Yaiza!!

25 de Abril de 2012 ás 10:41
Aii que monos todos! Jajaja, como os boto de menos…cando queirades repetimos o obradoiro