AS NOSAS CRIANZAS

A Escola Infantil de Gondomar ten capacidade para 74 nenos de idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos a xornada completa. Destas prazas hai que ter en conta que 3 delas (unha por nivel) están reservadas para casos de emerxencia social.

Os nenos e nenas están divididos en aulas atendendo á súa idade, de tal xeito que nos atopamos para este curso cunha aula para as crianzas de 3 meses a un ano, dúas aulas para as crianzas de 1 a 2, e outras dúas unidades para os nenos e nenas de 2 a 3 anos.