Arquivo de Novembro do 2007

Elaboración de Chourizos

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 30 de Novembro do 2007

A nosa intención, é traer á aula a realidade onde viven os/as nenos/as. Emporiso decidimos facer uns chourizos de verdade, xa que nas datas nas que estamos, a maioría da xente fai chourizos na casa, e nós, na escola, non iamos ser menos.

A estructura da actividade foi ben sinxela:

  • Primeiro: Manipulación da carne e adobo da mesma; con isto os/as alumnos/as perciben diferentes sensacións, olores…
  • Segundo: Elaboración dos chourizos. Mercamos a tripa do porco e con “un embudo caseiro” e o pau do morteiro, fumos embutindo a carne. Elaborar os chourizos supón unha aprendizaxe nova para os/as nenos/as, que descubren que o que comen tamén se pode elaborar.
  • Terceiro: Deixalos secar.
  • Cuarto: Degustar os chourizos. Como non podía ser doutro xeito, pasado un tempo razonable, comimos os chourizos completando así esta actividade.

A continuación deixámosvos unha mini película fotográfica do acontecido, agardando que sexa do voso agrado:

película.jpg

Ovos e chourizos de pasta blanca.

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 30 de Novembro do 2007

Vendo o bon resultado, da elaboración da castaña coa pasta blanca, decidimos volver utilizar este material; tendo en conta as datas, na que celebramos esta actividade, pareceunos boa idea facer uns chourizos e uns ovos con esta pasta. Previamente amosamoslle aos nenos/as un chourizo e un ovo de verdade para que viran a súa forma e cor.

A continuación, presentamos algunha foto da actividade:

Primeiro elaboramos os chourizos e os ovos:

CIMG0799.JPGCIMG0781.JPG

E unha vez seca a pasta, pintámolos coa brocha:

CIMG0889.JPG CIMG0914.JPG

Mirade que ben nos quedaron:

CIMG1001.JPG

o mural da pita

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 29 de Novembro do 2007

Ésta é a nosa pita:
CIMG0885.JPG

Por vez primeira traballamos coa palla para facer o niño da nosa pita; a experiencia foi moi enriquecedora é volveremos a utilizala tan pronto como poidamos, xa que aos nenos/as gustoulle moito a súa textura e cor.
CIMG0818.JPGCIMG0814.JPG

O ovo, o xamón e a filloa.

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 28 de Novembro do 2007

Con esta actividade o que pretendemos e que se familiaricen cos productos típicos desta época, ademáis do traballo coas diferentes cores e formas.
CIMG0751.JPGCopia de CIMG0952.JPG

CIMG0734.JPGCIMG0952.JPG

CIMG0741.JPGCIMG0951.JPG

O número 1 e a cor vermella

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 28 de Novembro do 2007

Coa finalidade de iniciar e asentar o coñecemento do número 1 e da cor vermella. Pintamos un gran número 1 de cor vermella. Esta cor é a que estamos traballando neste mes; polo que tanto a cor coma o número 1 vaise repetir o longo de moitas actividades.

CIMG0679.JPGCIMG0676.JPGCIMG0669.JPG

CIMG0659.JPG CIMG0950.JPG