Arquivo do 12 de Novembro do 2007

Verme de castañas e landras

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 12 de Novembro do 2007

A actividade parece moi sinxela, so hai que facer un gran verme poñendo unha castaña e despois unha landra, e así sucesivamente.

CIMG0566.JPG

Poñendo esta foto, parecería que a actividade foi un éxito, pero verdadeiramente non foi así.
Cando programamos esta actividade, tiñamos as nosas dúbidas de que os/as nenos/as foran capaces de facela, dada a súa idade, e efectivamente non foron capaces. Se nós lle dabamos a castaña ou a landra, eles/elas a colacaban perfectamente, pero se lle preguntabamos cal era o froito seguinte que había que colocar (que realmente era o obxectivo desta actividade), non eran capaces de contestar.

O equipo educativo desta galescola, sabe que non todo o que se ten programado vai sair a perfección, e cando esto sucede, tamen nos gusta que as/os nais/pais o saiban.

Agardaremos a que avance o curso, a ver se os/as nenos/as máis maiores son capaces de facer unha actividade parecida.

A landra xigante

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 12 de Novembro do 2007

CIMG0403.JPG

Para poder facer esta landra xigante, o noso alumnado tívose que esforzar moito; pero como temos unhos/as nenos/as que son moi traballadores/oras conseguímolo. Ésta é unha mostra de como foi o proceso de elaboración:

Para que a nosa landra fose collendo forma, primeiro pegamos os papeis de cores:

CIMG0235.JPG

Despois pegamos o algodón para que tivese algo de volumen; ata os máis pequenos se animaron:

CIMG0272.JPG

Por último, tan so quedaba darlle algo de cor; pero sabiamos que non a podíamos pintar con pinceis ou coas mans, así que utilizamos o pulverizador dun producto de limpeza (despois de limpalo ben). Aquí está a foto:

CIMG0297.JPG

O resultado xa se viu anteriormente, cremos que quedou bastante ben, así que tan so nos queda felicitar o noso alumnado. ¡Parabéns a todos!