Elaboración de Chourizos
A nosa intención, é traer á aula a realidade onde viven os/as nenos/as. Emporiso decidimos facer uns chourizos de verdade, xa que nas datas nas que estamos, a maioría da xente fai chourizos na casa, e nós, na escola, non iamos ser menos.
A estructura da actividade foi ben sinxela:
- Primeiro: Manipulación da carne e adobo da mesma; con isto os/as alumnos/as perciben diferentes sensacións, olores…
- Segundo: Elaboración dos chourizos. Mercamos a tripa do porco e con “un embudo caseiro” e o pau do morteiro, fumos embutindo a carne. Elaborar os chourizos supón unha aprendizaxe nova para os/as nenos/as, que descubren que o que comen tamén se pode elaborar.
- Terceiro: Deixalos secar.
- Cuarto: Degustar os chourizos. Como non podía ser doutro xeito, pasado un tempo razonable, comimos os chourizos completando así esta actividade.
A continuación deixámosvos unha mini película fotográfica do acontecido, agardando que sexa do voso agrado:







4 de Decembro de 2007 ás 20:33
Parabéns Pantón!!!!!!!!
Seguide así, con actividades tan creativas de seguro que cunde o exemplo.
Unha aperta para todos e todas.
As vosas compañeiras da Escola Infantil de Boiro