Mural de outono
Publicado por Equipo educativo de Pantón o 30 de Outubro do 2008
Co material recollido na saída que fixemos o pasado día (castañas, follas, ramiñas…), fixemos un mural do outono. Para realizalo empregamos a maiores unha cartolina, pegamento e cola branca, e para darlle brillo o equipo educativo deulle unha man de verniz transparente.
A continuación amosámosvos como os nenos e nenas poñen moito interese e concentración a maiores de pasalo moi ben e rir moitísimo.


















