Obradoiro de cociña: facemos polvoróns.
Publicado por Equipo educativo de Pantón o 29 de Decembro do 2009

Hoxe tiñamos todos e todas moitas ganas de cociñar, remexer, amasar,… polo que collemos fariña, zucre, cacao en po, manteiga e amasa, amasa, amasa saiu……. unha masa que non poidemos fornear por non ter forno. Pero esta masiña ulía tan ben e non sabía nada mal que a empregamos como se fose plastilina. Xogamos con ela, a maiores de empregar outros alimentos como macarróns de cores, arroz…










