Arquivo de Febreiro do 2010

Unhas fermosas bolboretas

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 17 de Febreiro do 2010

Quixemos adornar un pouquiño a aula e decidimos facer unhas bolboretas, nas que as crianzas pintaron con ceras brandas, puxéronlle gomets de diferentes formas e por último colocáronlle unhas boliñas de cores. Despois recortámolas e colgámolas do teito.

E como remate desta actividade pintamos con xices de cores unha gran bolboreta.

Comezamos a coñecer a cor azul

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 12 de Febreiro do 2010
Para comezar a traballar coa cor azul fixemos unha nube xigante en papel cont?nuo, uns d?as antes preparamos o algodón pintado con témpera azul  para que estivera seco e por último os/as nenos/as pegáronlle os anacos de algodón .

Para comezar a traballar coa cor azul fixemos unha nube xigante en papel contínuo, uns días antes preparamos o algodón pintado con témpera azul para que estivera seco e por último os/as nenos/as pegáronlle os anacos na nube .

Os piratas de Pantón

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 12 de Febreiro do 2010
Como podedes observar faltan algúns p?caros, desexámoslles que se recuperen pronto.

Como podedes observar faltan algúns pícaros, desexámoslles que se recuperen pronto.

Hoxe xunto co colexio Monte Baliño, celebramos o antroido. Fomos ó Centro de Día para visitar ás persoas maiores, despois montamos nun autobús que nos levou…. rumbo ó Concello. Alí gozamos dunha soleada mañá xunto coas crianzas do colexio e as familias as que queremos dar as grazas pola súa colaboración. Tamén agradecemos ó colexio por contar sempre con nós.

A falta de barco bo é un autobús.

A falta de barco bo é un autobús.

O día da paz

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 11 de Febreiro do 2010
Co motivo do d?a da paz elaboramos en papel continuo unha pomba na que as crianzas pegaron circulos de diferentes cores. Quedounos un mural moi chuliño polo que o espuxemos na porta da escola.

Co motivo do día da paz elaboramos en papel continuo unha pomba na que as crianzas pegaron circulos de diferentes cores. Quedounos un mural moi chuliño polo que o espuxemos na porta da escola.

Traballamos a laranxa!

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 11 de Febreiro do 2010

No mes de xaneiro traballamos coma froita a laranxa. Manipulárona, probárona, ulírona e xogaron con ela. Despois fixemos un collage onde lle pegaron as cascas na parte central e na folla anacos de papel pinocho. Desexamos que vos guste.