Como cada ano, traballamos a matanza na escola elaborando chourizos. As crianzas axudáronnos a meter a carne na tripa, aínda que a algún non lle gustaba moito a textura. Tamén fixemos unha degustación de varios productos do porco (salchichón, xamón, chourizo) que lles encantaron.

