Arquivo de Abril do 2012

Xa chegou a primavera!!

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 18 de Abril do 2012

Coa entrada da nova estación, decidimos cambiarlle as roupas ós nosos bonecos xa que estaban moi abrigadiños coas súas vestimentas do inverno.

Que cumpras moitos máis !!!

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 18 de Abril do 2012
Brais xa ten tres aniños.

Brais xa ten tres aniños.

Como froita: o kiwi

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 18 de Abril do 2012

Como ben sabedes cada mes traballamos unha froita; este mes tocounos o kiwi. Fixemos un mural que logo colorearon, posteriormente degustárono e manipulárono con moito gusto xa que é unha froita que a todos/as lles agrada.

Visita ó centro de día!!

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 10 de Abril do 2012

Cada luns de entroido facemos unha visita os usuarios do centro de día. Primeiro elaboramos unhas rosquillas para levarlles como agasallos e unha vez alí descubrimos que eles tamén nos tiñan un agasallo a nós. Grazas por tratarnos sempre tan ben!!!

O entroido en Pantón!!!

Publicado por Equipo educativo de Pantón o 10 de Abril do 2012

Como cada ano, o venres de entroido imos ata a praza do concello disfrazados xunto cos alumnos do CEIP Monte Baliño. Recóllenos un autobús que nos leva ata alí onde, coa chegada dos alumnos do colexio, facemos unha gran festa.