ESPAZO DAS FAMILIAS

Escrito por maite, o 21 Decembro 2010 16:45

Dia 15 de Decembro do 2010

Neste encontro estivemos tratando o tema da “Importancia do xogo no neno de 0 a 3 anos e como inflúe a publicidade nestas datas de Nadal”.

Espazo das familias

Escrito por maite, o 11 Maio 2009 10:44

 Nova xuntanza da Orientadora de Prescolar na casa, Encarna, da directora da Escola e das familias que  quixeron participar para charlar sobre o tema da Autonomía e as  Rabechas nos nenos de 0 a 3 anos. Compartimos experiencias, comentamos posibles actuacións para diferentes situacións que se nos presentan cos nenos/as…Resultou un tempo moi agradable  e de participación e aportaciós interesantes de  tódolos presentes.

Desfile de Entroido

Escrito por maite, o 24 Febreiro 2009 12:18

O día 20 os nenos/as da Escola Infantil de Foz saímos a desfilar polas rúas do pobo cos disfraces que fixemos na Escola.Íbamos de teléfonos móbiles.

As nosas familias acompañáronnos no desfile e na festa posterior na Escola.

FELIZ ENTROIDO!!!

 

ESPAZO DAS FAMILIAS

Escrito por maite, o 21 Xaneiro 2009 19:38

ESte curso a nosa Escola Infantil está desenrolando o programa ” Espazo das Familias” coa  valiosa colaboración da fundación PREESCOLAR NA CASA.                                                                              Encarna, que  é a orientadora da fundación que nos acompaña neste Espazo, e máis eu, xa fixemos varias xuntanzas para reflexionar e comentar como denserolar este ” Espazo das familias” na Escola I. de Foz. Tamén repartimos unha enquisa para averiguar cales son os temas que causan máis inquedanza ós pais/nais dos nenos/as. Esto permitiunos averiguar que o tema que máis lles preocupaba na actualidade, con respecto á educación dos seus fillos, era o de ” Normas e Límites”. Decidimos entón empezar por ahí e hoxe fixemos unha xuntanza, coas familias que quixeron asistir, para presentar oficialmente o ” Espazo das Familias”  e tratar a continuación o tema de interese xa nomeado. Non resultou ningunha charla senón máis ben un intercambio moi fluido de experiencias e opinións, moi enriquecedor para todos/as, profesionais e familiares.

.

Fotos de Nadal

Escrito por maite, o 13 Xaneiro 2009 12:21

Con algo de retraso expoñemos fotos de Nadal da nosa Escola é como este curso o estamos adicando á plastilina tamen fixemos un Belén de plastilina. Ahí vos quedan!

O Outono

Escrito por maite, o 28 Outubro 2008 13:30

escola foz 065.jpg

escola foz 063.jpg “Outono de Plastilina”

escola foz 058.jpg

escola foz 060.jpg

Tamén chega

O Samaín  escola foz 048.jpg

escola foz 051.jpgescola foz 055.jpg

Grazas as educadoras da nosa Escola por traballar tanto para que nós disfrutemos de todo isto.

Día da Biblioteca

Escrito por maite, o 27 Outubro 2008 13:12

escola foz 029.jpgHola a todos/as, despois de superar o período de adaptación dos nenos/as á Escola imos comenzar a poñer no blog algunhas das actividades que realizamos, e este curso comenzamos ca que fixemos o día 24 de Outubro, o Día da Biblioteca.

Para celebrar este día fixemos unha saída cos dous grupos de nenos/as de 2 a 3 anos á Biblioteca Municipal de Foz ,onde nos estaba esperando un fermoso conto de títeres.escola foz 007.jpgescola foz 036.jpg

Gustounos ir á Biblioteca, imos volver máis veces porque a temos pretiño da Escola. escola foz 018.jpgescola foz 044.jpgescola foz 045.jpgescola foz 043.jpg

FESTA FIN DE CURSO

Escrito por maite, o 3 Xullo 2008 13:41

O día 25 de xuño estivemos de festa todos xuntos/as: familias, persoal da Escola e nenos/as,despedindo este curso.Saltamos, bailamos, fixemos globos…

A choiva fixo que tiveramos que cambiar algo os plans, sobretodo á hora de xantar que non puido ser no exterior senon no patio cuberto.

Mirade que ben o pasamos…

PICT3821.JPGPICT3808.JPGPICT3798.JPGPICT3797.JPG

PICT3816.JPGPICT3810.JPG

PICT3788.JPGPICT3832.JPG

 PICT3831.JPGPICT3827.JPG

  fiesta 08.JPG

Este día tamén nos acompañaron as TEXI en prácticas que xa remataran e algunha compañeira que, aínda que xa non traballa actualmente con nós formou parte do noso grupo de traballo durante este curso 2007-2008.

 

 

 

 

O Día das Letras Galegas

Escrito por maite, o 20 Maio 2008 15:47

Estes días quixemos facer unha pequena homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez  (escritor honrado este ano o Día das Letras Galegas). Traballamos cun fermoso poema infantil do seu libro ” A Roseira do teu Mencer” (libro que lle dedica á súa filla “colorín” ).

Todos/as puxeron o seu grao de area para facer un mural cos persoaxes do poema:   “O año pitaño”, “A cabuxa luxa” , ” O gato cegato”, “O coello vello” ” O galo ralo” …

 DIA DO LIBRO 043.jpgDIA DO LIBRO 045.jpg

DIA DO LIBRO 050.jpg

Felicidades mami !

Escrito por maite, o 8 Maio 2008 11:43

O día 4 andivemos moi ocupados/as preparando o agasallo para darlle o domingo a mamá.Todos/as queríamos que nos quedara moi bonito e así foi.

  DIA DO LIBRO 039.jpg

 DIA DO LIBRO 033.jpg