
Escrito por mariaj_covelo, o 16 Xaneiro 2008 14:19
Publicado en As miñas anotacións | 3 Comentarios »
Escrito por mariaj_covelo, o 13 Novembro 2007 14:04
Ola que tal, benvidos a nosa escola, grazas por interesarvos polo noso blog, esperemos que a partir de agora o fagades moitas veces máis, e que nel descubrades un anaquiño de nós, como somos e algunha das cousas que facemos.
A FESTA DAS NOSAS LETRAS.
Para celebrar a festa das letras galegas tivemos unha moi grande sorpresa!!
Unha chuvia de contos e nós uns espectadores priviliexiados e en primeirísima fila.



COLORÍN, COLORADO, COLORIDO
Colorín, colorado que bonito está pintado,


Mesturamos, mesturamos e maxia, cantos colores sacamos!!!



xArDiN eN fLoR
Quen viu unha primavera sen flores?, ninguén verdade, iso nunca tal aconteceu.
Mirade o noso xardín, cheiño cheiño de flores.


Pegamos nas folliñas…

…pintamos os pétalos….

….e tamén os talos.


Facémoslle un sol e…

…mirade o noso xardín, cheiño cheiño de flores.
O noso boneco de neve, don algodón.

Follas secas

Nico presentounos á súa cadeliña


Que guapa, e que suave está, mirade dame a man!!.
Unha visita moi especial

Hoxe tivemos unha visita sorpresa, viñeron os polis a vernos!!. Teñen un coche moi chulo, con unha sirea que fai moito ruído, e unhas luces enriba que alumean e se moven.

Ademais de ensinarnos o coche, prestáronnos as súas gorras. Sabedes unha cousa?, levan pistolas de verdade.

E ata nos deixaron sentarnos ao volante. Ala, cantas cousas!!!
Fariña para amasar, boquiña para probar.

Uxía, e ti cres que disto pode sair pan?

Mirade que man, canta fariña!!

Creo que lle falta un pouco de sal.


E ao acabar a ordenar e limpar

E velaí o PAN

A ti que che parece, non está tan mal, un pouco duro ao mellor.
Degustación de froitas
Cantas froitas xuntas, que cores, que pinta.


Cada unha da súa maneira, mirade esta, que cousa máis rara cómenselle as carabuñas!!

Mira Aitana, esta ten pelos por fora, -pois eu esta nunca antes a vira, probareina…

A ver, vou coller esta, parece laranxa, parece limón, a que saberá?

Oh Oh!!! Creo que non che me gusta demasiado, igual non escollín moi ben.

Os amorodos si que están bos, boisiiiiimos!!!

Con nata, con doce de leite, con iogurt, con CHOCOLATE!!!!

A isto si que non hai quen o supere, que delicia, encántame, non hai máis que verme.
XOGAMOS A SER….

Médicos e médicas!!!
Xogamos a ser…


Cociñeiros e cociñeiras!!!
PARABÉNS PARA TODOS
Etiquetas: U
Publicado en As miñas anotacións | 11 Comentarios »