0la a todos e a todas, benvidos a nosa escola.

Ola que tal, benvidos a nosa escola, grazas por interesarvos polo noso blog, esperemos que a partir de agora o fagades moitas veces máis, e que nel descubrades un anaquiño de nós, como somos e  algunha das cousas que facemos.

A FESTA DAS NOSAS LETRAS.

Para celebrar a festa das letras galegas tivemos unha moi grande sorpresa!!

Unha chuvia de contos e nós uns espectadores priviliexiados e en primeirísima fila.

COLORÍN, COLORADO, COLORIDO

Colorín, colorado que bonito está pintado,

Mesturamos, mesturamos e maxia, cantos colores sacamos!!!

xArDiN eN fLoR

Quen viu unha primavera sen flores?, ninguén verdade, iso nunca tal aconteceu.

Mirade o noso xardín, cheiño cheiño de flores.

Pegamos nas folliñas…

…pintamos os pétalos….

….e tamén os talos.

Facémoslle un sol e…

…mirade o noso xardín, cheiño cheiño de flores.

O noso boneco de neve, don algodón.

Follas secas

Nico presentounos á súa cadeliña

Que guapa, e que suave está, mirade dame a man!!.

Unha visita moi especial

Hoxe tivemos unha visita sorpresa, viñeron os polis a vernos!!. Teñen un coche moi chulo, con unha sirea que fai moito ruído, e unhas luces enriba que alumean e se moven.

Ademais de ensinarnos o coche, prestáronnos as súas gorras. Sabedes unha cousa?, levan pistolas de verdade.

E ata nos deixaron sentarnos ao volante. Ala, cantas cousas!!!

Fariña para amasar, boquiña para probar.

Uxía, e ti cres que disto pode sair pan?

Mirade que man, canta fariña!!

Creo que lle falta un pouco de sal.

E ao acabar a ordenar e limpar

E velaí o PAN

A ti que che parece, non está tan mal, un pouco duro ao mellor.

Degustación de froitas

Cantas froitas xuntas, que cores, que pinta.

Cada unha da súa maneira, mirade esta, que cousa máis rara cómenselle as carabuñas!!

Mira Aitana, esta ten pelos por fora, -pois eu esta nunca antes a vira, probareina…

A ver, vou coller esta, parece laranxa, parece limón, a que saberá?

Oh Oh!!! Creo que non che me gusta demasiado, igual non escollín moi ben.

Os amorodos si que están bos, boisiiiiimos!!!

Con nata, con doce de leite, con iogurt, con CHOCOLATE!!!!

A isto si que non hai quen o supere, que delicia, encántame, non hai máis que verme.

XOGAMOS A SER….

Médicos e médicas!!!

Xogamos a ser…


Cociñeiros e cociñeiras!!!

PARABÉNS PARA TODOS

Felicidades papá!!!

Entroido, entroido.

Polas vésperas do entroido, invitamos a todas as familias a que viñeran votarnos unha man cos preparativos.

vai quedar todo ben bonito

Todos e todas traballamos a reo, os nosos disfraces tiñan que ser os mellores do mundo.

E……..chegou o día!!!!

Vaia parella de namorados!!

que coelliña máis bonitiña





Anda que non estou guapo nin nada.

A desfilar!!

Despois de tanto traballar chegou a hora de lucir os nosos estupendos traxes.

A MODELARRR!!!

Primeiro antes de comezar….. cómpre mollar e mollar.

E despois de mollar…….veña a amasar e amasar

E cando xa amasei…..mira canto me manchei!!!


Etiquetas:

11 respostas para “0la a todos e a todas, benvidos a nosa escola.”

  1. Escola Infantil de Pantón Di:

    Ola:

    Parabéns de parte de todo o equipo educativo de Pantón, por animarvos a compartir o voso centro con todo o mundo.
    Sabemos, por propia experiencia, que poñer en funcionamento o blog custa un pouco de traballo, pero pasada esta etapa, e coa experiencia adquirida, é moito máis fácil e gratificante. De maneira que ánimo e a seguir adiante.

    1 saúdo dende Pantón.

  2. Suso Fortes Di:

    A través do voso blog abrides unha fiestra da galescola ás familias e a todo o mundo.
    Coido que merece a pena e dese xeito estades contribuíndo activamente ao tecido da rede que ás veces aínda vemos un pouco feble.
    Parabéns polo voso traballo e ánimo para seguir nesta liña.
    Bicos para todo o equipo.

  3. Mónica Pino Di:

    Parabéns polo voso blog!!!
    E moi gratificante ver os cativos en compañía dun equipo como o voso que mostra o que sodes capaces de fazer para arrincar as sonrisas día a día.
    Da gusto ver os vosos traballos, empeño e animación que mostrades en tantas imaxes para que os mais cativos pasen as horas rodeados de bos momentos.
    Seguide así, porque os pais nos gusta ver como persoas tan cheias de ledicia agradades os nenos nos seus primeiros anos. Será un bo recordo para eles ter a vosa compañía.
    Un enorme saúdo desde Nigrán

  4. Escola Infantil de Coles Di:

    Parabens polo voso blog, polas fotos que publicades esta a quedar moi bonita a Escola Infantil, Menudos Pintores hay en Covelo!!!

    Un Biko Grande para todas, en especial a María a (alta) de Susana Coles.

  5. Andrea Di:

    hola
    Soy la prima de uno de los niños y me ha encantado la pagina es muy bonita y me parece qe las actividades que los niños realizan son estupendas mi primo se lo pasa muy bien y aprende mucho,felicidades por vuestro trabajo y seguir haciendolo asi de bien.

  6. maria Di:

    hola que tal vos vai? eu votando moito de menos a todos e todas, en especial os meus pequenos, porque ainda que ahora non este formaran parte da miña vida, igual que todas vos.
    un beixo moi grande para toda a galescola.

  7. rosi Di:

    Ola a todos/as! dá gusto ver como gozan péquenos e pequenas con esas actividades tan atraíntes! Están todos guapísimos, estou encantada de poder pasar un ratito convosco aínda que teña que sertravés do blog, bótovos moito de menos, xa sabía eu que estes anos en covelo quedaríanme marcados. Seguir actualizando o blog, o estades facendo moi ben.
    A por certo, encántame a casiña, como melloramos, acórdome daquelas cabanas de colchóns….
    Un besazo para todos os pais, nenos e en especial para Susi e Maria, de Rosi e Antón.

  8. mariaj_covelo Di:

    Gracias por todos os comentarios bos que deixades e por visitar o noso blog, e en especial unha aperta moi grande para Rosi e María as que botamos tanto de menos. O voso recordo sempre está con vós.

  9. Rosi Di:

    Parabéns para todo o equipo, encántame sentarme un ratiño pola noite diante do ordenador para botarlle unha ollada o blog, da gusto ver como traballades cos peques… parabéns tamén para todas as familias tan colaboradoras da Escola Infantil…que ben quedaron eses disfraces!!! moitos bicos para todas os añoro moito.Un biquiño tamén para todos os meus pequeniños (que da gusto ver como medran) e para todas as familias, en especial para Tina. Bicossssss

  10. maria Di:

    hola a todas e todos, que gusto me da ver que o pasades tan ben; encantanme os disfrazes do entroido e as mascotas, son preciosas, darvos a noravoa polo traballo que estades a facer, e un bico para todos os nenos/as da galescola, en especial para os mais grandiños que sempre formaran parte da miña vida e que espero que garden un pequeno recordo de min, porque todos estades no meu corazón. seguide así.
    Un bico enorme para a galescola de covelo

  11. maria Di:

    que ben o pasades cos peixes e co coelliño; espero que os coidedes moi ben, seguro que si.
    disfruto moito o ver que cada día todos están mais maiores.
    un beixo para todos e todas, e seguide así aprendendo moito.

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe