Arquivos da categoría ‘AULA QUENDA(2 A 3 ANOS)’
Escrito por Mercedes, o 22 Maio 2013 08:00
Observamos a nosa horta
Escrito por Mercedes, o 13 Maio 2013 07:49
Plantamos a horta
Escrito por Mercedes, o 30 Abril 2013 07:30
Xa tiñamos a terra preparada dende fai un tempo, gracias á axuda dos papis! Pero con tanta choiva… tivemos que agardar que parara para poder plantar. E… chegou o día, ímos plantar a nosa horta!!! Ollade o vídeo:
plantamos-na-nosa-horta
E tan ben coidamos as nosas patacas que… xa nos naceu a primeira!!!
Parabéns Ivo e Leire!!
Escrito por Mercedes, o 26 Abril 2013 10:00
Flores con material de refugallo
Escrito por Jesús, o 24 Abril 2013 08:00
Ca chegada da primavera, na aula Quenda, fixemos unhas flores con material de refugallo. Utilizamos envases de ovos, pallas de beber, bolas de celulosa e unha pouca de pintura de dedos.
Primeiro recortamos os envases dos ovos, os cales pintaron os nenos/as con pintura de dedos, usando pinceis. Logo colocamos os talos e unha bola no centro, cunha pouca de axuda dos nosos profes.
Agora podedes velas decorando na entrada da escola.
Plantamos fresas
Escrito por Mercedes, o 22 Abril 2013 07:48
Decidimos plantar fresas!! Pero isto era unha novidade para nós… como íamos facer??
Pois moi fácil; os profes trouxeron unha caixiña de plástico con unhos buratos, e entre todos os nenos e nenas enchímola de terra!!!
Logo con moito coidado, fumos colocando cada pranta de fresa nun buratiño…
Agora temos que regalas e coidalas moito! Para así ver como van medrando e nos dan o froito!!
Facemos o noso propio xogo.
Escrito por Jesús, o 6 Abril 2013 10:30
Na aula Quenda preparamos un xoguete con material de refugallo. Para facelo, usamos rolos de papel hixiénico, pintura de dedos, un pouco de lazo e pasta de modelar.
Comezamos facendo unha bola ca pasta de modelar, a cal lle unimos o lazo. Logo deixámola secar, para que unha vez estuvera seca poder pintala. Continuamos pintando tamén o rolo de papel, para que nos quedara ben fermoso!!! Atámoslle a bola que tiñamos feita, e… listo!!!
Mirade unhas imaxes de todo este proceso. Canto traballo!!
































