SAÍDA DIDÁCTICA: Imos ao colexio!

Os nenos e nenas da Aula Quenda visitaron o colexio, en horario escolar, acompañados dos seus educadores e pasaron unha xornada na aula de tres anos.

Segundo establece a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, no seu artigo 12, a Educación Infantil constitúe unha etapa educativa con identidade propia que atende aos nenos/as dende o seu nacemento ata os 6 anos de idade. Polo que dende a nosa escola, consideramos moi importante a promoción da colaboración e coordinación cos profesionais do 2º ciclo de Infantil para garantir a continuidade dos procesos educativos e preparar aos nenos/as e ás familias para facer máis doada a transición entre os dous ciclos de Educación Infantil.

Os obxectivos que se pretenderon con esta proposta foron:

- Observar e explorar un novo entorno: O colexio.

- Coñecer e relacionarse cos novos mestres e compañeiros.

- Disfrutar dunha xornada diferente e divertida.

- Ter a primeira toma de contacto cos novos momentos e rutinas que terán a partir de setembro.

Ollade o vídeo e veredes como os nenos e nenas disfrutaron desta experiencia:

imos-ao-colexio