Anotacións coas etiquetas “AULA LUCA(1 A 2 ANOS)”
Escrito por reme_mondonhedo, o 1 Xuño 2013 10:00
Contos compartidos na aula Luca no mes de Maio
Escrito por reme_mondonhedo, o 30 Maio 2013 07:20
Ó RICO ZUME NA AULA LUCA!
Escrito por reme_mondonhedo, o 29 Maio 2013 08:40
Na nosa aula, este mes, seguimos coñecendo as froitas; e que mellor que preparar un zume de laranxa e outro de limón! Antes de probalos tocou expremelos…
Primeiro: zume de laranxa!
Despois: zume de limón!
E despois deste esforzo… chegou o momento de probar que ricos nos quedaron estes zumes!
laranxa-video
limon-video
Na aula Luca gústanos moito pintar!
Escrito por reme_mondonhedo, o 27 Maio 2013 08:00
Estos días estivemos traballando moito para decorar a nosa clase!
Pintamos unhas froitas e unhas verduras que puxemos nuns cestos na ventá da nosa clase. Moito disfrutamos con estas actividades! Aquí vos vai unha pequena mostra…
Na aula Luca sentimos a textura de froitas e verduras nos pés!
Escrito por reme_mondonhedo, o 23 Maio 2013 07:18
A pasada semana Alba (alumna en prácticas) preparounos unha actividade moi divertida!
Chegamos á clase e no chan atopamos un mural cunhas froitas e verduras debuxadas; despois Alba puxo anacos destas diante de cada debuxo e puxémonos a sentir a súa textura cos pés…
Traballamos as texturas e tamén as sensacións que estas producen nunha parte do noso corpo que sempre está tapada.
Grazas Alba!
Pasámolo moi ben con esta actividade!
Na aula Luca celebramos o Día das Letras Galegas!
Escrito por reme_mondonhedo, o 21 Maio 2013 07:45
NA AULA LUCA EN ABRIL…FORA CUEIROS!
Escrito por reme_mondonhedo, o 20 Maio 2013 07:32
Froitas e verduras na aula Luca!
Escrito por reme_mondonhedo, o 16 Maio 2013 07:17
No mes de Maio na aula Luca estamos coñecendo distintas froitas e verduras. Por iso Luca preparounos unha caixa da asemblea con plátanos, uvas, tomates, pementos… e cun conto do mercado. Que ben o pasamos e cantas palabras novas aprendemos!
Temos tamén láminas novas e encántanos contar ós compañeiros e compañeiras o que vemos nelas…
Ademáis Luca trouxonos un novo conto das súas aventuras… tocoulle ir á tenda para preparar un caldiño e unha macedonia!
Teatrillo na Aula Luca
Escrito por reme_mondonhedo, o 9 Maio 2013 09:06
Ós nenos e nenas da aula Luca encántanos escoitar historias…
Dende fai un tempiño temos unha novidade: “O teatrillo”. Comezamos a tempada coa obra “O Coelliño Branco”, baseada no conto do mesmo nome. Disfrutamos moito estos momentos!
Aquí vos amosamos unha pequena mostra…
Como nos gusta ver e escoitar a Coelliño Branco!
Seguide antentos e atentas ás novas historias…!
Contacontos en Abril.
Escrito por reme_mondonhedo, o 2 Maio 2013 07:30
Na Aula Luca seguimos a contar os contos que @s nen@s traen á escola. Ademais de sentirse eles os protagonistas, conseguen acaparar a atención de todos @s compis. Lucía e Miguel xa son uns expertos en contalos, mirade, mirade…






























