Anotacións coas etiquetas “AULA QUENDA(2 A 3 ANOS)”

Lucas traenos de visita uns animaliños…

Escrito por Mercedes, o 22 Maio 2013 08:00

Un día, o noso amiguiño Lucas, tíñanos unha sorpresa… íanos traer de visita unhos coelliños!!

Que ben o pasamos con eles e que suaves…

Ó día seguinte, decidiu traer ó seu paxaro “Baby”, o cal pasou toda a xornada con nós, ata o levamos comer o aperitivo!!

Ahí vai un pequeno vídeo para que vexades que ben o pasamos…

visita-dos-coellos-e-o-paxaro

Moitas GRACIAS Lucas, e a súa mamá e irmán Dani por esta visita!!

Observamos a nosa horta

Escrito por Mercedes, o 13 Maio 2013 07:49

Todos os días saímos a coidar a nosa horta, e pouco a pouco ímos vendo os seus avances:

Canto aprendemos observando a natureza!!

Plantamos a horta

Escrito por Mercedes, o 30 Abril 2013 07:30

Xa tiñamos a terra preparada dende fai un tempo, gracias á axuda dos papis! Pero con tanta choiva… tivemos que agardar que parara para poder plantar. E… chegou o día, ímos plantar a nosa horta!!! Ollade o vídeo:

plantamos-na-nosa-horta

E tan ben coidamos as nosas patacas que… xa nos naceu a primeira!!!

Parabéns Ivo e Leire!!

Escrito por Mercedes, o 26 Abril 2013 10:00

Neste mes de Abril, festexamos dous aniversarios:

Que maiores! Xa teñen tres aniños!!!

Flores con material de refugallo

Escrito por Jesús, o 24 Abril 2013 08:00

Ca chegada da primavera, na aula Quenda, fixemos unhas flores con material de refugallo. Utilizamos envases de ovos, pallas de beber, bolas de celulosa e unha pouca de pintura de dedos.

Primeiro recortamos os envases dos ovos, os cales pintaron os nenos/as con pintura de dedos, usando pinceis. Logo colocamos os talos e unha bola no centro, cunha pouca de axuda dos nosos profes.

Agora podedes velas decorando na entrada da escola.

Plantamos fresas

Escrito por Mercedes, o 22 Abril 2013 07:48

Decidimos plantar fresas!! Pero isto era unha novidade para nós… como íamos facer??

Pois moi fácil; os profes trouxeron unha caixiña de plástico con unhos buratos, e entre todos os nenos e nenas enchímola de terra!!!

Logo con moito coidado, fumos colocando cada pranta de fresa nun buratiño…

Agora temos que regalas e coidalas moito! Para así ver como van medrando e nos dan o froito!!

Facemos o noso propio xogo.

Escrito por Jesús, o 6 Abril 2013 10:30

Na aula Quenda preparamos un xoguete con material de refugallo. Para facelo, usamos rolos de papel hixiénico, pintura de dedos, un pouco de lazo e pasta de modelar.

Comezamos facendo unha bola ca pasta de modelar, a cal lle unimos o lazo. Logo deixámola secar, para que unha vez estuvera seca poder pintala. Continuamos pintando tamén o rolo de papel, para que nos quedara ben fermoso!!! Atámoslle a bola que tiñamos feita, e… listo!!!

Mirade unhas imaxes de todo este proceso. Canto traballo!!

Parabéns Luís!!

Escrito por Mercedes, o 4 Abril 2013 12:30

Hoxe festexamos o aniversario do noso amiguiño!!!

Preparamos a nosa horta

Escrito por Mercedes, o 28 Marzo 2013 11:00

Decidimos preparar a nosa hortiña… pero…que difícil!!! polo que pedimos a axuda das nosas familias. E como sempre… colaboraron con nós sen problema!!

Ollade o vídeo:

preparamos-a-horta

Moitas gracias!!!

Parabéns!!!!

Escrito por Mercedes, o 26 Marzo 2013 08:31

Neste mes de Marzo, festexamos dous aniversarios!!

Xa teñen tres aniños!!!