Anotacións coas etiquetas “CURSO 2009/10”

EN SETEMBRO: TOD@S ESTAMOS DE ADAPTACIÓN

Escrito por Mónica, o 14 Outubro 2010 21:13

Cando comezamos un novo curso, facémolo con moitas dosis de ilusión, para cumprir o noso primordial obxectivo:

ENSINARLLES OS/AS NENOS/AS  A MEDRAR E A SER FELICES

Así, durante o mes de SETEMBRO, toda a escola estivo de ADAPTACIÓN:

1) Os pequechos e pequechas que comezaban na ESCOLA por PRIMEIRA VEZ:

2) Os nenos/as que estrearon co  novo curso unha nova aula: Un novo espazo por descubrir! De feito, algunha vez que outra, aínda se confunden e van en filiña para a súa antiga aula.

3) As familias e o equipo educativo: Tivemos a primeira xuntanza con papá e mamá para falar da PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA( as rutinas individuais e sociais) e das NORMAS DE CONVIVENCIA:

Aula Quenda: É o momento de despedirnos

Escrito por Mónica, o 26 Agosto 2010 09:00

A fermosa viaxe que comezamos xuntos chegou á súa fin.

O voso entusiasmo e curiosidade contaxiáronnos e renováronnos cada día.

Xunto coas vosas familias(a través de experiencias, actividades e xogos ) contribuimos ao desenvolvemento da vosa autonomía persoal, da creación dos vosos primeiros vínculos sociais e da conquista da linguaxe ;en definitiva, quixemos facer que medrasen as vosas ás para axudarvos a voar durante toda a vosa vida.

Despedímonos… algo remata, porque logramos o que nos propuxemos para esta etapa:

MEDRASTES!

Levádesvos a experiencia que construímos xuntos e a certeza de compartir unha aprendizaxe que vos alentará para seguir vivindo e aprendendo na vosa nova etapa no “cole grande”!

Xa non queda moito que poidamos darvos, o noso tempo compartido acabouse.

Só queremos regalarvos estas ÁS, unha APERTA, un BICO e un ATA SEMPRE!

festa-fin-de-curso

Mamá e eu: Coas mans na masa!

Escrito por Mónica, o 24 Agosto 2010 09:00

E para rematar, Cristian presentounos ao seu novo compañeiro de xogos:

Como se parece a Quenda!

Imos para o “Cole grande”!

Escrito por Mercedes, o 15 Agosto 2010 18:23

Ahí vai un vídeo para que vexades como eran os nenos e nenas da aula Quenda cando chegaron á escola…

despedida

XORNAIS VAN!

Escrito por reme_mondonhedo, o 11 Agosto 2010 09:45

Os nen@s da aula de Luca, disfrutaron moitísimo MANIPULANDO xornais. Uns fixeron bolas, outros aproveitaron para poñerse ó día na actualidade, outros simplemente xogaron. Pero o que en realidade importa, é que pasaron un anaco moi divertido: OBSERVANDO e EXPLORANDO!

Mirade este video e comprobarédelo… xornais

Xogo simbólico: Somos mecánicos

Escrito por rebeca_mondonhedo, o 9 Agosto 2010 18:15

O POLBO FEDELLO

Escrito por rebeca_mondonhedo, o 7 Agosto 2010 09:35

Arriba, arriba, arriba que o sol esperto está

Escrito por Mónica, o 5 Agosto 2010 14:41

A casiña dos paxaros

Escrito por Mercedes, o 7 Xullo 2010 21:19

No noso patio, sempre están a voar paxaros para un lado e para outro, entón decidimos facerlles unha CASIÑA …

Pero estaba sen pintar, asi que a poñerse mans á obra:

E logo de deixala secar… imos colocala!!!

Pero, para que veñan os paxariños moi LEDOS… Puxémoslles comida!

So nos queda agardar a que visiten a casiña que lles preparamos!!

Imos á horta!!

Escrito por Mercedes, o 5 Xullo 2010 20:43

Chegou o momento!!! Dende que plantamos as sementes, na nosa hortiña, tódolos días saímos a mirala e a regala… e por fin, imos a recoller os nosos cultivos!!

Ollade o vídeo:

a-horta