Onde está Quenda??
Escrito por Mercedes, o 11 Maio 2012 07:57
Un día do pasado mes de Abril…
… cando chegamos á aula, Quenda non estaba!! E no sitio dela había unha carta , onde Quenda nos contaba que se fora da escola e que estaba en Santiago decidindo en que medio de transporte continuar a súa viaxe; e pedíanos axuda para tomar esa decisión.
E nós, rapidiño, a axudamos de diversas maneiras…
-Primeiro, os nenos e nenas buscaron na casiña- con axuda dos seus papás- diferentes medios de transporte que trouxeron á escola:
- Logo, fixemos uns barquiños e uns avións de papel, que decoramos con moito arte:
- E por último, convertímonos nuns trens moi divertidos que subían e baixaban ao son da música:
Ollade estes trens en movemento!!





























