Anotacións coas etiquetas “O MUNDO DOS CONTOS”

Teatrillo na Aula Luca

Escrito por reme_mondonhedo, o 9 Maio 2013 09:06

Ós nenos e nenas da aula Luca encántanos escoitar historias…

Dende fai un tempiño temos unha novidade: “O teatrillo”. Comezamos a tempada coa obra “O Coelliño Branco”, baseada no conto do mesmo nome. Disfrutamos moito estos momentos!

Aquí vos amosamos unha pequena mostra…

Como nos gusta ver e escoitar a Coelliño Branco!

Seguide antentos e atentas ás novas historias…!

Contacontos en Abril.

Escrito por reme_mondonhedo, o 2 Maio 2013 07:30

Na Aula Luca seguimos a contar os contos que @s nen@s traen á escola. Ademais de sentirse eles os protagonistas, conseguen acaparar a atención de todos @s compis. Lucía e Miguel xa son uns expertos en contalos, mirade, mirade…

UN CONTO…O MELLOR AGASALLO

Escrito por rebeca_mondonhedo, o 8 Abril 2013 08:00

Contos compartidos na aula Luca no mes de Marzo

Escrito por reme_mondonhedo, o 5 Abril 2013 08:15

Que ben o pasamos cos contos!!!…non perdemos oportunidade de escoitalos!!

Collemos os nosos favoritos e levámolos á escola para amosárllos ós nosos amiguiños/as.

Iker trouxo un conto dunha vaca; “¡Muu!”, da editorial Susaeta. Tiña son e encantounos!

Lucía trouxo un libro dos animais da selva. “La selva”. Gustounos moito e vimos  animais que non coñeciamos!

Miguel trouxo un da vaca; “La vaca” da colección Animales de la Granja. Que ben o contou!

Sergio trouxo “Un conto de pitas” da editorial A Nosa Terra. Que debuxos máis chulis ten!

Grazas a todos por compartir os vosos contos!

Compartindo contos na Aula Luca.

Escrito por reme_mondonhedo, o 4 Marzo 2013 08:39

A semana pasada foi Lucía quen trouxo un dos seus contos preferidos da súa casa, para contarllo ós compañeiros e compañeiras da aula Luca.

O conto titúlase “Ricitos de Oro”.

Gústounos moito!

Grazas Lucía!

CONTOS E MÁIS CONTOS NA AULA LUCA!

Escrito por reme_mondonhedo, o 24 Febreiro 2013 16:15

Esta semana tamén Dario quixo compartir con tódolos compañeiros e compañeiras dous dos seus contos preferidos:”Os Bolechas queren saber como é unha biblioteca” e “Os Bolechas queren saber como é un castro”.

Como nos gustou!

Moitas grazas Dario.

NA AULA LUCA SEGUIMOS A COMPARTIR CONTOS!

Escrito por reme_mondonhedo, o 24 Febreiro 2013 16:13

Esta semana foi Miguel o que trouxo dous contos para compartir. Un das ovellas e outro dos cabalos.

Gústannos moito estes momentos de conto nos que compartimos aqueles que máis lemos na casa cos compañeiros e compañeiras da nosa aula.

A Miguel gustoulle moito compartir os seus contos e … contálos!

moitas grazas Miguel!

NOVO CONTO PARA COMPARTIR NA AULA LUCA

Escrito por reme_mondonhedo, o 15 Febreiro 2013 13:50

A SEMANA PASADA ENA TROUXO UN CONTO PARA COMPARTIR NA CLASE COS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. GUSTOULLE MOITO CONTALO E A TODOS E TODAS ESCOITALO!

NA AULA LUCA ENCÁNTANOS CONTAR E QUE NOS CONTEN CONTOS.

PARA ESTA OCASIÓN ENA ELEXIU UN CONTO DOS ANIMAIS DA SELVA.

COMPARTIMOS UN NOVO CONTO NA AULA LUCA.

Escrito por reme_mondonhedo, o 24 Xaneiro 2013 15:56

A semana pasada Candela trouxo un conto para compartir cos seus compañeiros e compañeiras. O conto titúlase “Miau”, da editorial Kalandraka.

É moi interesante que nenos e nenas compartan cousas, que queiran comunicar ós demáis o que lles gusta… e na aula Luca encántanos!

Que ben nos contou Candela este conto!

A seguir compartindo historias!

NOVO CONTO NA AULA LUCA…

Escrito por reme_mondonhedo, o 5 Xaneiro 2013 16:00

LUCÍA DA AULA LUCA TROUXO UN CONTO A CLASE PARA COMPARTIR CON TÓDOLOS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS. É A HISTORIA DE PAPÁ NOEL.

GUSTOUNOS MOITO A TODOS E TODAS ESCOITAR ESTA HISTORIA E QUE LUCÍA PENSARA EN COMPARTILA CON NÓS.

MOITAS GRAZAS LUCÍA!