Seguimos medrando!

Publicado por nigran en AULA 1 TROGLODITAS, CURSO 2011/2012 o 25 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Os Trogloditas estanse a facer moi maoires; sabedes cal foi un dos seus últimos logros?, pois que pasaron a xantar comida sólida!

Ainara, Pablo e Alejandro comezan a utilizar os cubertos eles soíños!

Noraboa rapaces, sodes uns campións!

Os animais da granxa

Publicado por nigran en AULA 1 TROGLODITAS, CURSO 2011/2012 o 24 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Os Trogloditas  estano a pasar de marabilla coñecendo os animais da granxa.

Un día miramos contos destes simpáticos animais cunhas marionetas moi amorosiñas, e outro, escoitamos os seus sons nuns vídeos moi divertidos, que as profas nos puxeron no ordenador.

Mirade que ben o pasamos!

Os Celtas xogaron cos animais da granxa

Publicado por nigran en AULA 4 CELTAS, CURSO 2011/2012 o 23 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

De forma moi peculiar, os desta aula, que coñecen moitoben os animais, xa que interpretan  cancións a cotío sobre eles,  intercambiaron todos os animais que trouxeron os seus compañeiros.  Pasámolo moi ben.

Lembrando a Valentín Paz Andrade

Publicado por nigran en AULA 4 CELTAS, CURSO 2011/2012 o 23 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

A aula de Celtas fixo un debuxo para lembrar ao autor que este ano é homenaxeado polo día das Letras Galegas.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran en CURSO 2011/2012, XOGANDO CO LÉXICO o 23 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas: ,

A palabra desta semana, ACIO , escollérona as profes dos viquingos, Tami e Rosa.

Para axudarnos co seu significado podedes deixar un comentario a esta anotación ou un escrito na Caixa das Palabras.

Este ano celebramos as Letras galegas con intensidade

Publicado por nigran en 1 PERÍODO DE ADAPTACIÓN, ANIVERSARIOS 2011/2012, AULA 1 TROGLODITAS, AULA 2 ROMANOS, AULA 3 VIQUINGOS, AULA 4 CELTAS, AULA 5 EXIPCIOS, AULA 6 EXPLORADORES, CURSO 2011/2012, FESTEXAMOS, MENÚS MENSUAIS, OBRADOIROS, XOGANDO CO LÉXICO o 22 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Con motivo do día das Letras Galegas, quixemos, este ano, empaparnos do refraneiro galego. Para iso propuxemos ás nosas familias que escribiran os refráns galegos  que coñeceran. Unha vez máis queremos darvos as grazas pola vosa colaboración.

O venres, os refráns, as cantigas o baile, a festa e mais un montón de confetti sorprendeunos polo aire e fascinounos; tamén o bo ambiente que se respiraba no salón, pois este ano tocaba lembrar á figura de Valentín Paz Andrade, a quen dedicamos este ano o día das Letras Galegas.

O Día da Familia na nosa escola

Publicado por nigran en AULA 1 TROGLODITAS, AULA 2 ROMANOS, AULA 3 VIQUINGOS, AULA 4 CELTAS, AULA 5 EXIPCIOS, AULA 6 EXPLORADORES, CURSO 2011/2012 o 22 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Quixemos sorprender ás nosas familias; e para iso, cada aula elaborou un obsequio para agasallalas o día 15, que é o Día da Familia. Coma sempre, deixamos voar a nosa imaxinación para crear verdadeiras obras de arte, que fascinaron a propios e estraños.

TROGLODITAS (fixemos unha alfombrilla para o ordenador, decorada coa huella da nosa man e unha foto nosa).

ROMANOS (fixeron un lapiseiro, decorando un rolo de papel con pintura de dedos)

VIQUINGOS (fixeron un imán para a neveira, decorando un pratiño de cerámica)

CELTAS (fixo un suxeita papeis)

EXIPCIOS (FIXO UN MARCO DE PLASTILINA )

EXPLORADORES (un marco con papeis de cores )

Luna, de día de anos

Publicado por nigran en AULA 5 EXIPCIOS, Aniversarios, CURSO 2011/2012 o 21 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Os dos Exipcios non paran de celebrar. Este día vai ser recordado por todos, pois esta cativa, que xa vai marchar da Escola, levará a todos os compañeiros na memoria, pois esta festa foi marabillosa. Só tedes que botar unha ollada.

Moitos parabéns polo teu terceiro aniversario.

Lucas , Samu e Sabela sen cueiro

Publicado por nigran en AULA 6 EXPLORADORES, CURSO 2011/2012 o 18 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Os dos Exploradores van sendo cada vez máis autónomos e independentes.  Un dos logros que máis lles está gustando pór en práctica é o de ir soíños ao baño e deixar o cueiro.

Están a facelo moi  ben!!!!


LUCAS

SAMU

SABELA

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran en CURSO 2011/2012, XOGANDO CO LÉXICO o 18 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

A palabra desta semana, feo, que escolleran as dos romanos, Conchi e Marián, vén sendo:

<

1feo

< lat fēnu

Escoitar a palabra polos altofalantes port: feno    Escoitar a palabra polos altofalantes cast: heno     alem: Heu

1 s m Herba cortada e seca que se emprega como alimento para o gando.

2 s m PLANTA Planta herbácea perenne que presenta rizoma, con follas longas, estreitas e enroladas, e inflorescencias densas, terminais e abrancazadas.

2feo -a 1 adx Que resulta desagradable á vista. 2 adx p ext Que resulta desagradable ou reprobable moralmente. … >>>

feo- pref Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘escuro’. … >>>

<:>

Grazas, Conchi. Esperamos verte pronto pola Escola.

Encantounos coñecerte.

<:>