Arquivo de Xaneiro do 2009

3º Aniversario de Cris

Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2009

Foi o aniversario de Cris e tróuxonos galletas, bombóns e zume; soprou as velas e fixemos unha festa fantástica. Que ben o pasamos!!

Parabéns Cris.

Cabalo

Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2009

Como estamos traballando os animais da granxa, decidimos pintar un cabaliño. Primeiro coas mans e logo cos rolos. Gustoulles moito mancharse, pintar e logo lavarse…

Estreliñas de Mar cunha choca.

Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2009

As Estreliñas de Mar observaron unha choca, manipulárona, fixérona soar e xogaron con ela.

Canto ruído facía!!

Ademáis,  cantaron cantigas, xogaron con bonecos, fixeron unha ouvella, contaron contos, etc; todo relacionado cos animais da granxa.

As Estreliñas de Mar e os animais da granxa.

Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2009

“Os animais da granxa”.

As Estreliñas de Mar leron un conto e despois pintaron o porco.

“O porco lambón”

A mamá porca, que tamén vivía na granxa, tiña catro filliños. Un deles estaba todo o día comendo e por iso lle chamaban “porquiño lambón”. ¡ Comía todo o que vía!.

A súa nai dixéralle:

- Ten coidado có que comes que te pode pór maliño.

O porquiño non facía caso. Un día veu no chan unha cousa que lle pareceu moi bonita e pensou:

- ¡isto ten que estar moi bo!

Comeuno e… ¡Ai, que dor!, era unha pedra que lle rompeue un dente.

- ¡Mamá!, -dixo chorando ó voltar á casa - ¡mira o que me pasou!

A mamá levouno ó médico e curárono. Dende entón o porquiño ten moito coidado e non come todo o que ve.

Rui xa non usa cueiro.

Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2009

Rui díxolle adeus ao cueiro, estao levando moi ben. Noraboa Rui.

Para o día da Paz…

Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2009

Precisamos que mañá para festexar o día da Paz os vosos nenos veñan vestidos con roupa de cor branca. Grazas pola vosa colaboración.

A vaca

Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2009

Na clase dos Cabaliños de Mar decoraron unha vaca. Fóronlle pegando as manchiñas…

Tamén probaron o leite de vaca.


Obradoiro de pasta 2.

Publicado por nigran o 29 de Xaneiro do 2009

Os nenos e nenas da clase dos Augamares tamén participaron no obradoiro de pasta, aínda que o fixeron na súa aula.

Adeus ao cueiro!

Publicado por nigran o 28 de Xaneiro do 2009

Tomás,nestes días, está a quitar o cueiro e, aínda que o precisa para durmir, xa  vai controlando moi ben a situación. Ánimo Tomás, segue así.

Chocolate!!!

Publicado por nigran o 27 de Xaneiro do 2009

O venres, como peche do tema dos cociñeiros, fixemos un obradoiro de chocolate.

Por suposto que foi todo un éxito; manipulamos, pintamos, ulimos… e saboreamos o chocolate!

Estaba boísimo, botade unha ollada!